Nota de prensa:
O dispositivo da Deputación continúa a traballar para abrir ó tráfico as 34 estradas que permanecen pechadas por neve
– Gómez Besteiro supervisou o intenso traballo que están a levar a cabo as empresas adxudicatarias do mantemento dos viais de titularidade provincial para restablecer a situación canto antes
– En total, están a traballar máis de 60 operarios e uns 90 vehículos para garantir a seguridade dos usuarios que circulen pola rede viaria da Deputación
– A intensidade do temporal fixo que en tan só dúas horas o dispositivo se repartisen dúas toneladas de sal, que se engaden ás 80 esparcidas no día de onte
O amplo dispositivo despregado pola Deputacion para atender as incidencias ocasionadas polo temporal de neve que está a azotar a provincia continúa a traballar ininterrumpidamente dende a madrugada de hoxe. A caída das temperaturas durante a noite provocou que practicamente toda a rede viaria provincial se vise afectada polos efectos da neve e do xeo. Precisamente, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, estivo supervisando o traballo que están a levar a cabo en varios viais da Montaña luguesa as empresas adxudicatarias do mantemento dos viais de titularidade provincial. Concretamente, Gómez Besteiro percorreu a CP 6201 que vai de Triacastela, polo Alto da Albela, a Guilfrei.
Arestora, están pechados ó tráfico 34 viais a consecuencia da neve que impide a circulación por elas. En total, están a traballar máis de 60 operarios e uns 90 vehículos para garantir a seguridade dos usuarios que circulen pola rede viaria provincial. Deste xeito, o servizo de Vías e Obras agarda que estas estradas queden limpas ó longo do día. Os traballos céntranse fundamentalmente na retirada de neve que fixo un maior acto de presenza nos municipios da Montaña.
Asimesmo, estase a esparcir sal na calzada debido ás pracas de xeo que se formaron coa caída das temperaturas durante a noite. En tan só dúas horas repartíronse dúas toneladas, que se engaden ás 80 empregadas no día de onte.
Estradas pechadas ó tráfico
As empresas adxudicatarias do mantemento da rede viaria da Deputación están a actuar practicamente nas 8 zonas nas que o organismo provincial ten distribuída a rede viaria. Os viais que presentan maiores problemas e polos que é imposible a circulación, son as seguintes: na Zona 1 permanecen pechadas a CP 6502, que comunica os Concellos de Vilalba, Muras e Xermade. Zona 2: as CPs 0101, 6305, 6306, no Valadouro; 0212, 0208 e 0204 en Alfoz; 2801, en Lourenzá; 5506, en Trabada; 3106 en Mondoñedo; 0101, 0104, 0103, 0105, en Abadín; 1904, 4802, 4811 e 4803, en Pontenova; 4401, 4402 e 5504, en Riotorto; 1106, 4401 e 4402, en Pastoriza. Zona 5: 1906 en Fonsagrada; 3601 en Negueira de Muñiz; 3502 e 0708 en Navia de Suarna. Zona 7: 5601 en Samos, e 1301, 1304 e 4502, en Pedrafita.
Tendo en conta as previsións meteorolóxicas, a Deputación recomenda circular con precaucion por toda a rede viaria e manterá en alerta o dispositivo despregado para atender as incidencias por neve e xeo que poidan xurdir ó longo das próximas horas.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



