Nota de prensa
OS AUTORES MAR CASTRO E LUIS LÓPEZ FARÁN ENTREGA DO LOTE DE LIBROS
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BURELA RECIBE UN LOTE DE OBRAS COA COLECCIÓN COMPLETA DE EDICIONES PROTOCOLO
A editorial Ediciones Protocolo entrega mañá mércores 23 de decembro ao Concello de Burela un lote de libros coa colección completa da súa Área de Formación. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Burela a partir das 12 do mediodía. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibirá as obras de mans de Mar Castro e Luis López, autores do último número da colección, “Técnicas para falar en público; Guía para unha comunicación eficaz”, que precisamente se presentou no Concello de Burela fai apenas dous meses.
Froito daquela colaboración entre a editorial e o concello burelense xorde agora esta achega de obras literarias que pasarán a engrosar o arquivo da biblioteca municipal.
A colección da área de Formación de Ediciones Protocolo está formada por vinte e tres títulos relacionados co mundo do protocolo nas súas máis amplas facetas, desde o máis antigo cerimonial ata as máis rabiosas técnicas protocolarias existentes na actualidade, especialmente, de cara á organización de todo tipo de eventos:
* Protocolo Oficial. Las instituciones españolas del Estado y su ceremonial (5ª edición). Carlos Fuente
* Técnicas de Organización de Actos. Manual de Protocolo actualizado. Carlos Fuente
* La empresa y su protocolo. El procedimiento de calidad en la organización de sus actos. Gerardo Correas
* Protocolo en las comidas. Pilar Muiños
* La comunicación en el protocolo. Julio César Herrero y Juan Luis Fuente
* Ceremonial y protocolo religioso. Sergio Escalera
* Manual práctico para la organización de eventos. Técnicas de Organización de Actos (II). Carlos Fuente
* Protocolo y ceremonial en las Fuerzas Armadas. Alfredo A. Rodríguez
* Organización y protocolo en las bodas. Julia Escamilla
* Protocolo en el deporte. José María López
* La organización de congresos y su protocolo. María Nurkanovik
* El protocolo en la administración local. Ignacio Martínez
* Derecho premial. Pedro-Vicente Rubio
* La diplomacia y su protocolo. Blanca López
* El protocolo en las universidades españolas. Manuela Suárez, Pascual Rivas y Concepción Aguilera
* Las organizaciones internacionales y su protocolo. Francisco Merino
* Protocolo para eventos. Técnicas de organización de actos (I). Carlos Fuente
* La comunicación en los eventos. Diego Zala
* Producción de eventos. La puesta en escena del Protocolo. Gloria Campos
* Protocolo social. Mar Castro
* Protocolo para empresas. La organización de eventos ante las nuevas necesidades en las entidades privadas. Gerardo Correas
* La creatividad en los eventos. Amparo Barriga Hidalgo
* Técnicas para hablar en público. Guía para una comunicación eficaz. Mar Castro y Luis López






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



