Nota de prensa
Veiga denuncia que o PP presentase cun programa oculto.
O BNG presentara lista en todos os Concellos coa confianza en aumentar os seus apoios.
A Mariña, 9 de decembro de 2010. O Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, deu conta que na xuntanza do Consello Comarcal do BNG celebrada o pasado Martes os nacionalistas iniciaron os preparativos das vindeiras eleccións municipais convencidos de que estarán presentes na totalidade das corporacións da Mariña, que aumentaran de xeito significativo o seu poder institucional así como a porcentaxe de votos en relación cos anteriores comicios.
Neste sentido Veiga afirmou que ” a día de hoxe a preocupación principal do BNG é a loita contra a crise económica na perspectiva de garantir unha xestión da mesma que non signifique un empeoramento das condicións de vida das maiorías sociais. Non imos ser nos responsábeis de entregarlle ás xeracións futuro un mundo peor que o que recibimos dos nosos pais, polo que o eixo central da proposta programática do BNG para os vindeiros comicios vai ser poñer os Concellos ao servizo da creación de emprego e aumentar a protección social dos nosos conveciños”. Na mesma liña o Portavoz Comarcal do BNG indicou que “a presenza do nacionalismo nos gobernos dos Concellos da Mariña así como nas corporacións vai ir nesa dirección, posto que a administración local ten moito que dicir para facer fronte a esta crise e de xeito moi particular as políticas que a están agravar na dupla de dirección de facerlla pagar ás maiorías sociais e tamén de impedir a posta en marcha de políticas que fagan posíbel a recuperación económica”.
Os nacionalistas que teñen case ultimada a súa proposta electoral indicaron que “boa parte das propostas que imos a recoller no noso programa son as políticas que estamos levando adiante naqueles Concellos onde gobernamos, onde é evidente que existe unha preocupación, mesmo con alternativas novidosas, tanto no plano da mellora da cobertura social, como no apoio aos sectores económicos así como nas políticas activas de emprego. En definitiva queremos que a proposta do BNG, que a vindeira lexislatura nos Concellos da Mariña sexan o da creación de emprego é o da ampliación das coberturas sociais. Non se nos escapa que a capacidade económica dos Concellos minguou, que é necesaria unha nova lei de financiamento local e que todo isto dificulta a capacidade de inversión dos entes locais. Agora ben, tratase de priorizar o gasto e nos aí témolo claro, porque isto é unha cuestión de vontade política”.
O Portavoz do BNG criticou a hipocrisía do discurso do PP que “agora ven coa ladaíña da austeridade pero que nos anos das vacas gordas onde lles tocou xestionar diferentes Concellos, gastaron diñeiro a mancheas sen saber moi ben no que. Mesmamente sería bo que o Partido Popular lle explicase aos veciños da Mariña se foi esa súa proclamada austeridade a que situou nunha situación de quebra técnica a varios Concellos da Comarca. O Sr. Feijoo e os dirixentes do PP terían que vir a Comarca a poñer solucións enriba da mesa diante da situación da crise económica que vive a comarca, na contra de facer futuríbeis ou apostas máis propios das tombas”. Neste sentido Veiga advertiu de que “o PP presentase a estas eleccións cun programa oculto, que agardarán a despois das eleccións para aplica-lo e que se concreta na perda de servizos sanitarios no Hospital da Costa e a súa dependencia de Lugo, na supresión de máis ciclos formativos e especialidades académicas na Mariña e na redución de prazas de gardería ou nos centros de maiores, até o punto de que están a pensar no feche de algúns e na privatización doutros”.
Xa por último o Consello Comarcal do BNG procedeu a constituír a súa comisión electoral formada pola totalidade dos membros da Executiva Comarcal, polos representantes das dezasete localidades da Mariña así como un representante de Galiza Nova. “Hai que destacar o proceso de conformación de candidaturas que se está dando no BNG, un proceso modélico, posto que son os afiliados de cada localidade quen escollen os candidatos, sen imposicións alleas, e que ademais até a data caracterizouse pola unanimidade na elección de todos os candidatos proclamados até a data”,rematou Veiga.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



