Soterran o tendido electrico da rúa Lavandeiras en Xove
NOTA DE PRENSA
OBRA DE SOTERRAMENTO DAS INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS NA RÚA LAVANDEIRAS DE XOVE
Mediante estas obras preténdese desenvolver os traballos de soterramento das infraestruturas eléctricas da Rúa Lavandeiras de Xove. Conta esta importante obra cun investimento total de 171.607´34 €uros, dos cales a Consellería de Industria aporta a cantidade de 106.562´54 €uros, sendo aportados os restantes 65.044´80 €uros o noso Concello.
Consisten estas obras en :
-Desconexión do alumeado existente, así como a desmontaxe dos 8 báculos que actualmente compoñen o alumeado deste vial.
-Demolición das beirarrúas existentes así como excavación de gabias para o novo tendido eléctrico soterrado.
-Disposición do novo tendido, de acordo coas prescricións do vixente Regulamento, e as indicacións da Compañía suministradora. Formigonado, relleno de gabias e compactado do chan para dispoñer a base de formigón para as beirarrúas.
-Disposición das novas beirarrúas.
-Reposición das luminarias existentes e posta en funcionamento do suministro de enerxía eléctrica na totalidade do vial.
Con estas obras consíguense varios obextivos:
-Mellorar estéticamente a Rúa Lavandeiras.
-Acomodar ao Regulamento Electrotécnico de Media e Baixa Tensió as instalacións eléctricas deste entorno.
-Dotar de novas aceras á Rúa, dando cumprimento ao Decreto da Xunta de Galicia 35/2000 de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas.
En definitiva, unha mellora moi sustancial desta Rúa que vai redundar no beneficio de tódolos xovenses, especialmente os que a habitan.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



