Os nenos do Museo Provincial do Mar , Museo San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor realizarán durante os obradoiros de Nadal un Museo Escola Virtual que terá como base inicial a historia do Museo Provincial do Mar.
Os nenos do Museo Provincial do Mar , Museo San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor realizarán traballos durante os obradoiros de Nadal para crear “Un Museo Escola Virtual” que terá como base inicial a historia do Museo Provincial do Mar para dar continuidade incorporando outras escolas da provincia que teñen o seu propio museo.
Coordinación e execución do proxecto: Juan Ignacio Marquez e Encarna Lago
MEMORIA DOS SOPORTES
A Memoria é o tema comun que este ano escollemos na Rede Museistica de Lugo, guiadapolo ICOM, para realizar os nosos, xa tradicionais, Obradoiros de Nadal. Un tema moi axeitado para unha institución que ten coma un dos seus fins preservar precisamente iso, a Memoria. Tamen teñen esta mision os Arquivos e as bibliotecas, que gardan dentro das suas paredes a memoria do noso patrimonio bibliográfico e documental. A memoria conservase nestas institucións sobre diferentes soportes actualmente, libros documentos, cds, dvds, microfilms… Pero non sempre estes foron os soportes polos cales os nosos antergos conservaron a sua historia e o seu coñecemento. A escritura, e os diferentes soportes dos que dispuxo, foron unha peza clave na conservación da memoria colectiva.
Neste obradoiro habera unha parte practica e unha teorica na que veremos de maneira sinxela unha breve historia de todos eses soportes dos que se serviu a humanidade para deixar constancia da su memoria. Comezaremos na pedra e remataremos na web, recorrendo a Memoria dests soportes que tan importantes foron durante seculos. Na parte practica realizaremos unha sinxela axina web colectiva que sera a nosa pequena aportación a preservar a Memoria.
O Museo do Mar de San Cibrao non sempre foi o que hoxe coñecemos. Non fai tanto o edificio albergaba unha escola e foi o propio Mestre de esta, Francisco Rivera Casas o que xunto cos seus alumnos foi creando o Museo que hoxe vemos. O principio as pezas que ian traendo os rapaces servian como medio complementario para as ensinanzas do mestre, ata que a colección foi crecendo servindo de base para a creación do museo que hoxe podemos disfrutar. Do que foi a escola ainda quedan no museo varias mostras ademais do edificio, como poden ser un dos pupotres orixinais e que serviron de primeiras vitrinas.
Na parte practica do obradoiro prentedemos crear unha paxina web que recolla a memoria de ese edificio cando era escola. Dende que foi construido coma escola Indiana porla familia Montenegro ata que se transformou nun Museo. Será un traballo colectivo realizado por todos os participantes nos obradoiros dos diferentes museos. Comezarán o traballo no Museo do Mar, seguiran no de San Paio e reamatarano no Pazo de Tor. O proxecto comprende a creación dun Museo Escola Virtual que perpetue a Memoria da vella escola para que non se perda e poida ser desfrutado por todos os que non a coñeceron ou por aqueles que queiran recordala.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



