Nota de prensa
Besteiro recibe ós 18 beneficiados das becas Lug02 que dende xaneiro se formarán en empresas europeas
– O Presidente adiantoulles a cidade na que, durante 4 meses, obterán experiencia profesional especializada a custe cero
– Segundo os perfís académicos e demandas, 2 dos participantes permanecerán en Hamburgo, 3 en Praga, 3 en Belfast, 3 en Florencia, 3 en Viena, e 4 en Lisboa
– Logo, durante 8 meses, porán en práctica os coñecementos adquiridos en empresas lucenses onde recibirán 1.000 euros ó mes. Posteriormente, poderán facelo como emprendedores nunha provincia 100% medioambiental
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos ós 18 xóvenes titulados lucenses que resultaron beneficiados das primeiras becas medioambientais da provincia. Trátase dunha iniciativa que se enmarca dentro de Lug02, o programa medioambiental dotado de 5 millóns de euros, -cofinanciado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo organismo provincial-, posto en marcha para xerar riqueza na provincia mediante a posta en valor da 3 Reservas da Biosfera e O Courel.
Esta actuación, que conta cun presuposto de 950.000 euros, busca crear novos postos de traballos e oportunidades económicas, ó tempo que facer fronte ó despoboamento demográfico que sufre a provincia, a través da aposta polo medioambiente como “a nosa oportunidade económica”, e a formación dos novos profesionais.
Deste xeito, todos os beneficiados son mozos de Lugo titulados dende o 2007 en enxeñerías, licenciaturas, ou diplomaturas relacionadas coa economía verde tales como Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Bioloxía, Industriais, Agrónomos, Química, Minas ou Turismo. As bolsas de emprego da Deputación ofrécelles a oportunidade de adquirir primeiro, experiencia profesional especializada durante 4 meses nos países europeos de maior proxección: Reino Unido, Italia, República Checa, Portugal, Alemaña e Austria. Logo, durante os seguintes 8 meses, farano en entidades das 3 Reservas da Biosfera e do Courel.
Oportunidades laborais a custe cero
Coas primeiras becas Lug02, estes profesionais verán incrementar as oportunidades de inserción laboral ó formarse en entidades de Europa onde se están a aplicar innovadoras técnicas de explotación medioambiental de xeito sostible. A Deputación asume todos os custes de ida e volta, aloxamento, manutención, así como os gastos dos organismo de acollida na cidade de destino supoñéndolles un custe cero. A maiores, poñerán en práctica os coñecementos adquiridos como bolseiros en empresas lucenses onde ademais, recibirán 1.000 euros ó mes. Posteriormente, poderán facelo como emprendedores nunha provincia 100% medioambiental, onde o 55% da súa superficie é Reserva da Biosfera avalada pola UNESCO, que conta con máis de 100 quilómetros de costa, e de 800 quilómetros de Camiños de peregrinación.
Cidades de destino
Gómez Besteiro adiantou ós 18 xóvenes as cidades europeas nas que, tendo en conta o seu perfil académico e a súa demanda, recibirán formación. Deste xeito, 14 dos beneficiados estarán, dende o 21 de xaneiro e ata o 13 de maio, nas seguintes cidades: Hamburgo (2), Praga (3), Belfast (3), Florencia (3), e Viena (3). Pola súa banda, os 4 restantes participantes nesta iniciativa permanecerán en Lisboa dende o 23 de xaneiro ó 14 de maio.
O Presidente explicoulles que a Deputación os asesorará durante toda a súa estancia, e anuncioulles que xa durante os primeiros días de estancia realizarán varias entrevistas de traballo en diferentes empresas. Da mesma forma, o titular do organismo provincial quixo agasallalos cun exemplar de Km0.Deputación de Lugo, o primeiro libro que recolle a riqueza medioambiental da provincia na súa totalidade mediante 127 rutas, e un DVD sobre as Reservas da Biosfera.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



