Nota de prensa
OS SOCIOS/AS PODEN RETIRAR OS CARNÉS 2011 DENDE HOXE
Os/as socios/as do CD Burela FS poden retirar os seus carnés 2011, válidos dende xaneiro, nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), dende hoxe.
O cadro de Javier Pardeiro volverá á competición de Honra na casa, o 8 de xaneiro, coa visita do Atlético de Madrid Navalcarnero. Aos pupilos de Suso Rey, no entanto, tocaralles inaugurar o ano con dous desprazamentos, ante o Azulejos y Pavimentos Brihuega (día 8) e Melilla FS (día 15); disputarán o primeiro encontro de 2011 en Vista Alegre, o 22 de xaneiro, fronte ao UMA Antequera.
A entidade laranxa recorda que, para recoller as devanditas acreditacións, correspondentes a 2011, se deberá presentar o xustificante bancario da segunda cota, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento. Con este carné, o Burela FS e o Centro Tesal Spa Termas de Villalba obsequian os socios/as laranxas cunha promoción especial 2×1 na entrada do Club e Circuíto Termal para todo 2011, ao prezo de 30 euros [www.tesal.com]. O director xeral da entidade laranxa, José Luis Sáez, desprazouse a semana pasada a Vilalba para formalizar o acordo coa xerente do centro, Mónica Fernández Varela.
HORARIO DE ATENCIÓN AO SOCIO/A: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas
Abonos de media tempada
Co cambio de ano o CD Burela FS tamén ofrece a posibilidade de facer abonos de media tempada. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, pódese escoller entre Abono Simple (38 euros) e Abono Dúo (63 euros), con dereito a dous carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club pon á súa disposición o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 10 euros; Abono 25 (25 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos; e Abono de Xubilado (30 euros).
Non socios/as
Os prezos das entradas para os non socios son de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
