Nota de prensa:
Tamén se acordou remitir un escrito á Seguridade Social para que desista en pedir a nulidade da reparcelación do hospital da costa aprobada polo goberno socialista de Roberto Álvarez hai 20 anos
A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU ONTE EN PLENO A CONTA XERAL DO ANO 2009
* A edil de Facenda destacou que a Conta Xeral evolucionou satisfactoriamente e mostra delo é que se cumpre o principio de estabilidade presupostaria.
* A liquidación do orzamento indica que en 2009 por primeira vez os ingresos superaron os gastos, o que garante a capacidade de financiamento municipal.
* Gallego salienta que melloran sensiblemente as ratios de realización de pagamentos e de obtención de ingresos con respecto ao exercicio anterior.
* O gasto corrente por habitante en actividades e servizos aumentou ata situarse en 1.163,27 euros; e tamén aumentaron o investimento por habitante e o esforzo inversor.
Cervo, 28 de xaneiro de 2010.- A Concelleira de Facenda, Chelo Gallego, amosouse satisfeita pola aprobación da Conta Xeral Municipal do ano 2009 que foron aprobados na tarde-noite de onte en sesión plenaria. Segundo explicou Gallego, estes datos da Conta Xeral “ofrecen unha evolución satisfactoria” e non dubidou en cualificala como “a mellor dos últimos anos; e proba diso é que conseguimos cumprir o principio de estabilidade presupostaria” recordou.
Gallego clarexou que cumprir o principio de estabilidade significa que en 2009 os ingresos superaron aos gastos, o que supón unha garantía da capacidade de financiamento municipal. “A pesar da crise -que xa era evidente no 2009 aínda que algúns a negaran- o Concello de Cervo presentou unha capacidade de financiamento (saldo positivo entre ingresos e gastos) de máis de medio millón de euros” (586.071,99 €) recordou a edil de Facenda
Datos obxectivos
A Conta Xeral recolle unha serie de indicadores obxectivos que “permiten analizar a evolución dos datos económicos do Concello, comparándoos con datos anteriores” A súa finalidade é facilitar á cidadanía a claridade na información e o acceso a esta. Neste senso, Gallego insistiu en que os indicadores financeiros e patrimoniais explican que a liquidez e a solvencia do Concello melloraron respecto dos anos anteriores.
Aumento do investimento por habitante
Segundo a edil de Facenda, hai datos moi importantes que reflicten a boa xestión económica. “Así por exemplo o gasto corrente por habitante en actividades e servizos aumentou “e estamos situados en 1.163,27 euros”; e tamén aumentaron o investimento por habitante e o esforzo inversor.
Gallego Prieto tamén indicou que a Conta Xeral reflicte ademais unha sensible melloría nas ratios de pagamentos e de obtención de ingresos con respecto ao exercicio anterior. Así por exemplo a realización de pagamentos sube ao 81%, 9 puntos máis que no 2008 (que era dun 72%) “E tamén melloramos na realización de ingresos”. No ano 2009 se recadaron un total de 5.5 millóns de euros, o que supón un 80,17% fronte ao exercicio anterior, que foi de practicamente novo puntos menos.
Remanente de tesourería
A concelleira der Facenda explicou que hai un dato “aparentemente negativo” nos datos presentados, como é que segue a rexistrarse un remanente de tesourería negativo “pero hai que atender a súa evolución e polo tanto hai que poñer de relevo a evidente mellora que experimentou baixando de 1.677.614 euros a hoxe 247.223,06 euros. “O remanente reduciuse nada máis e nada menos que en -1,43 millóns de euros”.
A edil explicou que este remanente reduciuse ao incrementarse os dereitos pendentes de cobro e baixar as obrigas pendentes de pagamento. “Todo iso significa que por parte deste goberno se adoptaron e se seguirán adoptando as medidas pertinentes para corrixir esta situación- – Que se optou e seguimos optando pola contención de gasto”
Aforro de 2,1 millóns de euros
Chelo Gallego sinalou finalmente que tamén hai unha evolución positiva nos pagamentos a provedores e nos investimentos executados en beneficio dos vecinos. “Se logramos un aforro de 2,1 Millóns de euros foi gazas ao plan de austeridade, redución de gastos de persoal, de funcionamento dos servizos e financeiros, ademais dun aumento dos ingresos tributarios, polo que en atención a todos estes datos só unha actitude imprudente e de permanente crispación impediría aos grupos municipais aprobar esta Conta Xeral.”
Escrito á Seguridade Social coa abstención do Psoe
Por outra banda, o Pleno tamén acordou dirixirse á Tesourería Xeral da Seguridade Social pedíndolle que desista da súa petición de solicitarlle ao Concello a nulidade do proxecto de reparcelación da Unidade de Actuación feita no ano 1991 no contorno do Hospital da Costa de Burela. Neste caso a proposta foi aprobada cos votos do Grupo de Goberno (PP), mentres que os edís do Grupo Socialista abstivéronse.
O texto da solicitude que se remitirá ao organismo dependente do Ministerio de Trabajo do Goberno do Estado recolle que a reivindicación da Tesourería Xeral da Seguridade Social fora xa desestimada no seu día polo Concello Consultivo de Galicia e fai fincapé nos prexuízos económicos que pode provocar a reversión da devandita actuación. Así mesmo, no escrito tamén se lle solicita á Tesourería Xeral da Seguridade Social o reintegro dos gastos xurídicos derivados deste conflito entre ámbalas dúas administracións.
No transcurso do debate os membros do equipo de Goberno local amosaron a súa estrañeza pola abstención dos socialistas. “Eles din [os socialistas] que carecen de información suficiente para pronunciarse ao respecto. E si iso é así é porque queren; porque tiveron á súa disposición toda a información do expediente no que se ve claramente que a petición que fan os seus compañeiros de partido que gobernan na Seguridade Social é totalmente fora de lugar. Non é de recibo que desde o Estado intenten agora que cambiemos un acordo de hai 20 anos do que eles non se decataron durante 16, e que aínda por riba, atinxe a un territorio que xa non pertence á nosa xurisdición e polo tanto, non temos ningunha capacidade de decisión sobre el”.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



