Nota de prensa:
VILLARES DENUNCIA A PERSECUCIÓN POLÍTICA DOS RESPONSABLES DA SEGURIDADE SOCIAL CONTRA O CONCELLO DE CERVO
* En outubro pasado a corporación municipal decidiu rexeitar a petición formulada no 2007 pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) de declarar nulo o acordo municipal de xaneiro do 1991 de reparcelar unha zona anexa ao Hospital de Burela
* A pesares disto, a Tesourería Xeral da Seguridade Social insiste na súa reclamación extemporánea e recorre novamente o acordo de hai tres meses
* Esta reivindicación sen sentido ten xerado unha serie de gastos nos últimos 3 anos para o Concello que se agravan coa chegada hai uns días dunha decisión xudicial na que se obriga ao Concello a abonar preto de 20.000 euros en concepto de costas derivadas do proceso xudicial iniciado por este organismo dependente do Ministerio de Traballo.
Cervo, 4 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto coas concelleiras Pilar Armada, Yolanda Pedreira e Chelo Gallego, compareceron este mediodía para denunciar a persecución política á que se está vendo sometido aos veciños do concello por parte dos responsables políticos que rexen a Tesourería Xeral da Seguridade Social “e que dependen do goberno socialista do Estado”.
Conflito iniciado hai máis de tres anos
O rexedor sinalou que en marzo de 2007 a Tesourería Xeral da Seguridade Social está solicitando do Concello a revisión de oficio e a declaración de nulidade dun acordo municipal da corporación cervense tomado en xaneiro do ano 1991 e no que se aprobou a reparcelación dunha zona anexa ao Hospital de Burela. “E dicir, despois de dezasete anos, unha administración rexida por socialistas lémbrase de recorrer a esta corporación actual, gobernada polo PP unha decisión tomada cando gobernaba o Concello un socialista e cando tamén gobernaba no Estado outro socialista” recalcou o mandatario local.
Obrigados a denunciar esta forma de proceder
Villares dixo que nestes tres anos o grupo de Goberno local non quixo nunca saír á opinión pública sobre este asunto nin tampouco facer ningún tipo de declaracións ao respecto, “aínda que nunca comprendimos a razón desta reivindicación que se nos facía, pero recentes novidades neste conflito nos obrigan a saír á palestra” indicou.
Sinalou que dende o consistorio se limitaron a dilixenciar esta solicitude co único obxectivo de resolver definitivamente esta reivindicación extemporánea do organismo dependente do Ministerio de Traballo e recordou que estas xestións desembocaron finalmente no acordo plenario adoptado en outubro pasado polo Pleno rexeitando a petición da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) de revisar e anular a reparcelación. Esta decisión estaba baseada e abalada por un ditame do Consello Consultivo de Galicia no que se pon de manifesto a falta de dilixencia da TXSS que durante 17 anos non se decatou da afectación dunha finca da súa propiedade. “Despois de tres anos de xestións, papeleos e gastos para tentar resolver dunha vez por todas algo tan estrambótico como é a petición de anular un acordo de hai 20 anos porque non se decataron dunha reparcelación na súa propiedade que actualmente está noutro concello, e cando pensabamos que estaba todo solucionado, resulta que nos chega a obriga de ter que aboar preto de 20.000 euros en concepto de minuta dos gastos derivados da defensa deste asunto e, ademais, a propia Tesourería Xeral da Seguridade Social presenta un novo recurso contra o acordo adoptado hai tres meses e co pretendíamos zanxar definitivamente esta situación kafkiana que se ten algo escuro é única e exclusivamente debido a decisións e actuacións adoptadas por xestores do Partido Socialista”.
O mandatario local dixo descoñecer cales son as razóns que moven á Tesourería Xeral da Seguridade Social a proceder deste xeito de recorrer novamente o acordo de hai 20 anos esgrimindo que non tiveron coñecemento del “feito que demostra a súa falta de dilixencia. E sobre todo, preguntámonos que é o que pretenden que resolvamos agora sobre un asunto que actualmente só lle compete ao Concello de Burela e no que nós non temos ningún tipo de xurisdición”.
Por último, Villares adiantou que o Concello de Cervo se dirixirá “a quen faga falta” para defender os intereses de todos os veciños e veciñas do municipio e asegurou que a única razón que atopa para este comportamento hostil da Tesourería Xeral da Seguridade Social non é outro que a da persecución política por parte dos seus responsables. “Queremos denunciar esta persecución política, que non ten nome. Porque si a isto lle sumamos que levamos máis de dous anos reclamándolle a este mesmo organismo a cesión da titularidade dos locais da Casa do Mar sen que ata o de agora nos responderan é a mostra palmaria de que o único obxectivo dos políticos que están á fronte deste organismo é o de prexudicar ao Concello de Cervo”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



