Nota de prensa
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
MOCION
PETICION DE PERSOAL FACULTATIVO PARA O PAC DE VIVEIRO.-
Dun tempo a esta parte o PAC de Viveiro e mais os usuarios dos concellos de Viveiro, Ourol e máis de O Vicedo estamos a sufrir a falta de facultativos, no centro dependente do Servicio Galego de Saude. Sin ir mais lonxe as pasadas festas navideñas o servicio de peditaria, que tan so conta con dous pediatras, para atender a unha poboación infantil de 1958 nenos e nenas en idades compredidas entre os cero anos e os catorce anos, o que equivale a 979 nenos e nenas para cada un, 1772 pertenecen a Viveiro, 49 a Ourol e 137 O Vicedo, estivo atendido por un de ditos médicos dado que a outra persoa estivo de baixa por enfermidade, co que o colapso nestas datas invernais, con doencias de gripes, gastroenterites, etc… obrigaron a que varias familias tiveran que ser desprazadas a pediatra de San Cibrao no Concello de Cervo.
Moitos foron os padres que puxeron reclamacions ante o organismo provincial do Sergas. Loxicamente os medicos teñen o seu dereito como non podía ser de outro xeito de ter os seus días de descanso, vacacións,… pero o que non pode estar de vacacións e a administración, que ten que tratar de arranxar os problemas que surxen a cidadanía, un dos mais importante como e a saúde, sobre todo dos máis pequenos. Asi memo, xa hai tempo prometérase incoporar un medico de medicina xeral para reforzar o servizo. Asi cando un dos medicos denominados de familia ou cabeceira, collen as sua vacacións, ou baixas, o resto que quedan teñen que reforzar os seus turnos e doblalos, aumentando considerablemente os cupos de pacientes que estan xa bastante saturados.
Por todo o anteriormente exposto, os concelleiros Non Adscritos no Concello de Viveiro, SOLICITAMOS, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:
1.- Solicitar o Servicio Galego de Saude a dotación de dous pediatras a tempo completo, para o PAC de Viveiro, e dado o estado avanzado de xestación dunha das facultativas, que xa se tomen as medidas necesarias para a súa sustitución.
2.- Asi mesmo a incorporación dun medico/a de medicina xeral con praza fixa, asi como persoal de enfermería, para suplir as posibles baixas, vacacions, permisos, etc, e reforzar o servicio.
3.- Ampliación de especialidades tal como a de oftalmoloxía e dermatoloxía, e logopedia.
4.- Dar traslado deste acordo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



