Nota de prensa
Antes de finais de setembro do 2009 o departamento Ministerial que dirixe Jose Blanco debeu ter resoltas as alegacións sobre o trazado provisional desta vía, situación que non se ten producido, o que supón un flagrante incumprimento da lei e unha evidente manobra dilatoria do Goberno socialista que non ten vontade algunha en executar esta obra
OFENSIVA DO PARTIDO POPULAR PARA RECLAMAR O DESBLOQUEO DO TREITO ESTATAL DO CORREDOR DA COSTA PARALIZADO POR FOMENTO FAI PRETO DE DOUS ANOS
* Os populares rexistrarán iniciativas no Parlamento de Galicia, concellos e Cortes Xerais instando a Fomento a establecer un cronograma de execución concreto e a comprometer os investimentos necesarios e suficientes para facelo realidade.
* En contraste coa falta de interese do Executivo estatal socialista, os tramos de competencia autonómica (entre San Ciprián e Ferrol) xa están en obras na súa maior parte
Burela, 14 de febreiro de 2011.- O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, acompañado da senadora popular María del Carmen Gueimunde e dos dirixentes populares en Xove, Demetrio Saleguiro, Cervo, Alfonso Villares, Burela, Jose María González Barcia, Foz, Javier Jorge Castiñeira e Barreiros, Alfonso Fuente, deron a coñecer en rolda de prensa a ofensiva da súa formación política para reclamar o desbloqueo do treito estatal do corredor da Costa, paralizado por fomento fai preto de dous anos.
INCUMPRIMENTO LEGAL
Malia que antes de finais de setembro de 2009 o departamento Ministerial que dirixe Jose Blanco debera ter resoltas as alegacións respecto do trazado provisional desta vía esta situación que non se ten producido ata o momento. Esta circunstancia supón, segundo denuncian os dirixentes populares, un flagrante incumprimento da lei e unha evidente manobra dilatoria do Goberno socialista que está a dar mostras evidentes de que non ten vontade algunha en executar esta obra.
De feito os populares significan que a normativa é moi clara, e no o artigo 34.9 do Real Decreto 1812/1994, de 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Estradas, establece taxativamente que a Dirección Xeral de Estradas do Estado, no prazo de dous meses, contados a partir de que expire o prazo concedido para a información pública, emitirá un informe único no que se consideren todos os escritos presentados durante esta e propoña a correspondente resolución do expediente.
INICIATIVAS EN TODOS OS ÁMBITOS
A ofensiva dos populares dará lugar ao rexistro de distintas iniciativas de impulso no Parlamento de Galicia, nos respectivos concellos polos que transcorre esta vía e nas Cortes Xerais, instando ao Ministerio de Fomento a establecer un cronograma de execución concreto e a comprometer os investimentos necesarios e suficientes para facelo realidade. Na parte dispostiva da iniciativa piden tamén que no prazo máximo de dous meses resolvan as alegacións que levan pendentes preto de dous anos.
NON SE COÑECE NIN TAN SEQUERA O TRAZADO DEFINITIVO
Segundo o deputado popular José Manuel Balseiro preto de dous anos máis tarde, as manobras dilatorias do Goberno socialista central, non só están a privar aos veciños da Mariña lucense dunha infraestrutura vital para a vertebración e mellor conexión viaria da comarca, senón que incluso aínda non se coñece nin tan sequera cal será o trazado definitivo da vía.
RECORTES DE FOMENTO
Todo parece indicar que o treito estatal do corredor é unha das actuacións máis prexudicadas polos recortes orzamentarios e en execución de obras decididos por Fomento Ano tras ano os Presupostos Xerais do Estado recollen partidas mínimas para a execución desta infraestrutura, que non chegan a executarse. No 2011 os orzamentos elaborados polo Goberno socialista tan só destinan a esta vía 134.100 euros, menos do 10% do custe real da obra e unha cantidade que probablemente tampouco se executará.
A XUNTA SI ESTÁ A CUMPRIR
A falta de vontade e nulo interese do Ministerio de Fomento contrasta co compromiso e o traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia no seu ámbito de competencia, isto é, nos treitos de titularidade autonómica que unirán as localidades de San Ciprián (Cervo) e Ferrol. Só o investimento do Goberno que Preside Alberto Núñez Feijóo no tocante aos treitos lucenses xa superan os 30 millóns de euros, o que multiplica por dez as previsións orzamentarias do Goberno do Estado.
Cómpre lembrar, indicaron así mesmo na rolda de prensa que, tras a chegada do Partido Popular á responsabilidade do Goberno autonómico comezaron, por primeira vez, as obras no primeiro dos treitos lucenses, entre Celeiro e San Ciprián, hoxe está a executar obras en gran parte do resto do trazado e a administración autonómica vén de impulsar a tramitación administrativa dos treitos pendentes no seu conxunto.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



