Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU EN MONDOÑEDO NA APERTURA DAS XORNADAS CUNQUEIRIANAS
Hoxe comezaron as actividades de conmemoración do 100 aniversario do nacemento do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro
A Área de Cultura da Deputación colabora coa organización destas Xornadas Cunqueirianas, que teñen unha vertente literaria, musical e gastronómica
LUGO, 11 de febreiro de 2011. O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tardiña no inicio das actividades de conmemoración do 100 aniversario do nacemento do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro. Estas actividades, as “Xornadas Cunqueirianas: literarias, musicais e gastronómicas”, comezaron hoxe coa inauguración da exposición fotobiográfica sobre a vida e obra de Álvaro Cunqueiro, no vestíbulo do Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.
A continuación, o xornalista Xulio Xiz ofreceu unha conferencia sobre os escritos nos que Álvaro Cunqueiro estudaba e analizaba a gastronomía galega, para continuar cunha audición de poemas de Cunqueiro que xente como Amancio Prada ou Luís Emilio Batallán musicaron. Ao remate, logo da presentación das Xornadas de Cociña Cunqueiriana, ofreceuse unha degustación de viño D.O. Ribeira Sacra acompañado de queixos das denominacións de San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e Tetilla, ademais do Pan e Tarta de Mondoñedo.
A Área de Cultura da Deputación colabora coa organización destas Xornadas Cunqueirianas que comezaron hoxe e continuarán durante a fin de semana, con actos coma a homenaxe empresarial e musical a “Suso do Bahía”, cronista oficial de Foz. Dentro da xornada empresarial, haberá unha mesa debate para a análise do presente e futuro empresarial na Mariña, moderada por Francisco Cal Pardo e na que participarán directivos das asociacións de comerciantes de Mondoñedo, Foz, Ribadeo e Xove, da CEL, o GDR e Aturmar. Pecharán a xornada as distincións a Suso Fernández, a cargo da Federación Galega de Comercio, o Concello de Mondoñedo e a comisión organizadora. Ademais haberá varias actuacións musicais e celebrarase unha comida.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



