Nota de prensa
CERVO ESTUDA COS EMPRESARIOS DA MADEIRA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS QUE MELLOREN O DESENVOLVEMENTO AXEITADO DESTA ACTIVIDADE NO MUNICIPIO
* O alcalde, Alfonso Villares, reuniuse este mediodía cos responsables da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira da provincia
* Entre os temas que trataron na xuntanza figura a posibilidade de realizar parques para o depósito de madeira en distintos puntos do termo municipal
Cervo, 1 de febreiro de 2011.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reuniuse este mediodía no consistorio cos representantes da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo. Segundo indicou o rexedor, o obxecto da xuntanza é continuar profundando na liña de colaboración marcada polo convenio subscrito hai dous anos entre Concello e madeireiros mediante o cal se garante a conservación e o bo uso das vías, servizos e accesos de titularidade municipal no proceso dos aproveitamentos forestais do monte.
Depósitos de madeira
“Agora, o que pretendemos é ir un paso máis adiante e tratar de fixar unha ordenación racional e axeitada dos aproveitamentos forestais que se realizan a través das infraestruturas de titularidade municipal” indicou Villares. Entre os temas tratados falouse da posibilidade de realizar parques para o depósito de madeira en distintos puntos do termo municipal. “Serían lugares elixidos nas parroquias do rural que se habilitarían para a carga e descarga da madeira. Para isto barallamos a posibilidade de reutilizar os distintos tramos que existen en varias estradas do noso municipio que poderían ter quedado en desuso a causa de melloras e cambios no seu trazado; así como algúns terreos baldíos que sexan de titularidade municipal” dixo o alcalde.
Unha vez se teña feito a valoración dos lugares máis idóneos para ubicar os puntos de depósito de madeira, a asociación provincial de madeireiros se faría cargo do seu mantemento e seguiría garantindo o bo uso e o estado das estradas públicas polas que traballan os seus vehículos. “O que pretendemos dende o Concello é velar pola compatibilidade dunha actividade moi importante para o nosos municipio, como é a da extracción de madeira dos nosos montes, co bo estado das nosas pistas forestais e estradas municipais” recalcou Villares.
Colaboración estreita
O Concello de Cervo ten un acordo dende o ano 2009 coa asociación provincial de empresas madeireiras que traballan habitualmente no termino municipal mediante o cal os madeireiros se comprometen a reparar os danos que causen nas vías de titularidade municipal que sexan derivados da súa actividade.
Grazas a este acordo protocolízanse as relacións que teñen as empresas madeireiras co Concello de Cervo. Deste xeito, deben solicitar unha licenza de traballo nas oficinas municipais na que ten que figurar o permiso de corta. O Concello, rematados os traballos de aproveitamento, procede a comprobar o bo uso dos servizos e vías municipais mediante a expedición e sinatura dun documento acreditativo, sempre en presenza dun titular da empresa madeireira. De terse producidos danos directamente imputables á empresa ou ao propietario nos bens do concello notifícaselle á empresa para que proceda a reparalos. Do mesmo, xeito, ao remate do prazo comprobarase polo concello a adecuada restitución dos bens ao seu correcto estado, dándose, de ser deste xeito, por concluído o expediente.
Vixilancia
A este respecto o rexedor recoñeceu que nalgúns casos a restitución das estradas pode demorarse máis do desexable, sobre todo na época de choivas; se ben dende o Concello se procura que o seu arranxo se faga o máis rápido posible. “Entendemos que algunhas veces se poidan recibir no Concello queixas dos veciños, pero tamén somos conscientes de que hai certos condicionantes que alongan as labores de reposición das pistas. Aínda así, o Concello -a través da Policía Municipal- vixía regularmente para que o aproveitamento dos montes se desenvolva de conformidade aos criterios actuais de sustentabilidade” indicou.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



