Nota de prensa
O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, manifesta que o goberno do Estado e o seu Presidente, D. José Luis Rodríguez Zapatero, foron nestas épocas difíciles quenes se preocuparon dos Concellos, primeiro elaborando un proxecto de Plan E, que inxectou aos Concellos economía suficiente para contratar obras e segundo porque non soamente se fixo un Plan E, sinón que se fixeron dous Plan E e para todos os Concellos, o Partido Popular protestaba polos Plans E, pero os Concellos gobernados polo P.P. ven que se aproveitaron de ditos Plans.
O Partido Popular no noso Concello puxo o grito no ceo porque o Goberno do Estado manifestou que todos os Concellos que habían recibido demáis no concepto de Participación nos Tributos do Estado, terían que devolver unha vez feita a liquidación o que lles correspondía, algo normal debido a que o Estado entregaba a conta, e feito o resumo final tocaba devolver.
Pois ben, o Goberno do Estado non soamente apoiou aos Concellos no Plan E, senón que nos Tributos do Estado a recibir polo Concello de Foz no ano 2011 existe unha suba anual de máis de 200.000 € para o noso Concello, evidentemente que o Concello terá que devolver o recibido demáis por parte do Estado en entregas de 3.212,32 € mensuais, ata acadar a cifra que lle corresponde amortizar.
O Alcalde maniféstase satisfeito porque unha vez máis o comportamento do Goberno do Estado con este Concello é correcto, e en ningún momento nos deixou na estacada, polo que algúns debían de tomar nota e aplicarse o conto de cómo se actuou neste caso.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



