Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ E TÉCNICOS DE EPTISA REUNÍRONSE EN SANTIAGO CON RESPONSABLES DE PATRIMONIO PARA SEGUIR AVANZANDO NA APROBACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL. A XUNTA ESTUDIARÁ AGORA AS MODIFICACIÓNS REALIZADAS AO DOCUMENTO QUE NO SEU DÍA INFORMOU DESFAVORABLEMENTE.
Ribadeo, 17 de febreiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, e técnicos de Eptisa mantiveron un encontro en Santiago con responsables da Dirección Xeral de Patrimonio para seguir avanzando na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A Xunta estudiará agora as modificacións realizadas ao documento que no seu día informou desfavorablemente.
O rexedor explicou que “acabamos de manter unha nova xuntanza aquí na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta cos seus responsables, estivemos os técnicos de Eptisa que se ocupan da redacción do PXOM e o alcalde de Ribadeo. É unha reunión máis das que levamos celebrado nos últimos meses de cara a conseguir o informe favorable de Patrimonio a todas aquelas cuestións que no seu día foron informadas desfavorablemente”.
Fernando Suárez asegurou que “fomos correxindo todo o que nos foron comunicando e ao mesmo tempo isto derívase das xuntanzas que periódicamente viñemos mantendo na comisión informativa de urbanismo, que formamos todos os grupos de Corporación. Agora Patrimonio revisará todo ese traballo, verá si son suficientes os cambios efectuados ou si pola contra necesitamos seguir traballando ata conseguir ese informe favorable da Xunta”.
O alcalde de Ribadeo considera que “se trata dun informe fundamental e crucial para seguir avanzando de cara á aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo, pero aínda sendo moi importante non é o escollo definitivo. A empresa Eptisa está adaptando e revisando o plan exposto ao público e no que fomos avanzando na revisión das alegacións, Eptisa está revisando todo para adaptalo á nova modificación da lei do solo de Galicia. Hai máis ou menos mes e pico todos os grupos políticos mantivemos un encontro no seo da comisión informativa de urbanismo e nos vindeiros días voltaremos a xuntarnos para revisar todo o traballo que a empresa Eptisa foi facendo nestas últimas semanas”.
Suárez Barcia engadiu que “aínda que son pasos tediosos e complicados son necesarios de cara a ir avanzando na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo”.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



