Nota de prensa:
RIBADEO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO A POSTA EN ESCEA DE LIMPEZA DE SANGUE A CARGO DA COMPAÑÍA ESPELLO CÓNCAVO. SERÁ ÁS 20:30 HORAS NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL.
Ribadeo, 2 de febreiro de 2011. Ribadeo acollerá o vindeiro domingo 6 de febreiro a posta en escea da obra Limpeza de sangue a cargo da compañía Espello Cóncavo. Será a partires das 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, subliñou que “a obra se enmarca dentro da programación teatral do Concello. É unha peza de moita calidade e ten un significado especial para Ribadeo porque foi escrita por unha persoa que naceu aquí, estamos a falar de Rubén Ruibal. A obra foi premio Álvaro Cunqueiro 2005 e premio nacional de literatura no 2007”.
A edil nacionalista dixo que “a autoría e a presenza da actriz Estíbaliz Veiga son un aliciente máis para que a xente da Mariña e do Occidente de Asturias acudan a ver esta obra. Quero animalos a todos a que asistan ao inicio desta nova tempada de teatro en Ribadeo”.
Arturo López, o director de Limpeza de sangue, sinalou que “se trata posiblemente da obra máis premiada que en carteleira na actualidade en Galicia. É unha obra que fala da Galicia actual e na que se abordan cuestións coma as drogas e a corrupción, tan de moda da na actualidade. Trátase da historia de dous persoaxes completamente diferentes e con vidas totalmente opostas e que nunca se terían atopado na vida de non ser pola seguridade social. Eles por unha cuestión de saúde se ven sometidos a sesións de diálese e nesa especie de reclusión nun sillón e suxeitos a unha máquina teñen ocasión de comunicarse e de establecer unha relación que pouco a pouco se vai convertendo en amistade”. Limpeza de sangue “é unha producción moi complexa, está composta por 29 esceas con secuenciado cinematográfico e transcorre en diferentes lugares, tanto interiores como exteriores e os actores non só representan senón que moven a coreografía. A obra ten tintes dramáticos cuns momentos de humor excelentes, o público sae moi impresionado”, seguiu a relatar o
Pola súa banda, a actriz Estíbalez Veiga, manifestou que “estar aquí en Ribadeo é un dos momentos máis felices do ano para min, poder vir aquí a actuar, estar coa miña xente de Ribadeo, coa miña xente de Celeiro de Mariñaos. É todo un orgullo poder estar nun escenario e ver á xente que me viu medrar, para min é como un conto feito realidade”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



