Nota de prensa
A avogada de Fornea María Xosé Fernández encabeza a lista do BNG en Trabada
A Asemblea Local do BNG de Trabada procedeu a aprobar o pasado Venres a lista coa que concurrirá as vindeiras eleccións do municipais do 22 de Maio e que nesta ocasión vai estar encabezada por María Xosé Fernández, avogada e veciña de Fornea.
María Xosé Fernández afirmou que “ a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que Trabada está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos e que polo tanto garanta un trato igualitario para todos os veciños con indepencia da súa ideoloxía.”.
A candidata nacionalista que agradeceu ao actual Concelleiro nacionalista Fernando Gómez Oliveros, que nesta ocasión fechará a candidatura do BNG, a súa adicación e o seu compromiso cos veciños do Concello adiantou que “as liñas centrais da alternativa programática dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do Concello, afortalar os servicios sociais e mellorar as infraestructuras municipais básicas. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no Concello se non se actúa nestes tres eixos”, afirmou María Xosé Fernández quen denunciou” as dificultades que atravesa o sector gandeiro, como consecuencia na baixa do prezo do leite, polo que é necesario medidas de apoio ao mesmo comezando pola declaración do Concello de Trabada, como Concello de montaña o que significaría que os labregos de Trabada puidesen competir no mercado cos gandeiros dalgúns dos Concellos limítrofes”.
Os nacionalistas que destacaron que a súa candidatura “é un espello do que hoxe é o noso Concello, formado por veciños e veciñas de case a totalidade das parroquias, xeracionalmente diversa e profesionalmente plural, posto que dela forman parte desde labregos a funcionarios e desde profesionais liberais até asalariados. É unha candidatura comprometida co interese xeral que non co particular, co noso concello que non con pexes partidarias e fundamentalmente cunha vocación de servicio a todos os veciños. Presentamos para solucionar problemas, non para crear outros, dividindo aos veciños ou enlameirando a vida política local”.
A candidatura do BNG completase cos seguintes persoas nesta mesma orde. Xosé Manuel Pousada de Vilapercide, Xosé Anxo Suárez, “Josechu” de Trabada, Ilda Gómez de Balboa, Eva Lombardía da Ría de Abres, Venancio Quintana Alonso de Trabadela – Sante, Xosé Vicente de Trabada, Xusto de Fornea, Pedro Fernández Villamil de Balboa, Isabel Fernández de Fornea e Fernando Gómez Oliveros de Balboa. María Xosé Fernández destacou o convencemento da totalidade dos membros da candidatura de que “chegou a hora do cambio político a Trabada. Os resultados de fai catro anos, onde o PP mantivo por un escaso marxe a maioría absoluta , non deixan lugar a dúbidas de que o próximo 22 de Maio ábrese un novo tempo en Trabada, un novo tempo que pensamos que vai ser liderado polo BNG” .



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



