Nota de prensa
A Deputación amortiza 10 millóns de euros e reduce a débeda pública nun 14%
– O Pleno aproba a proposta de adxudicación de remanentes, dotada con 25 millóns de euros coa que saneará as contas, aumentará o investimento de SUPLUSA, acometerá melloras na rede viaria e nas instalacións culturais, e iniciará as primeiras obras do Centro de Recría
– Mentres que as contas provinciais se atopan agora un 10,08% por debaixo do nivel máximo de endebedamento que marca a Lei de Presupostos do Estado, as da Xunta sitúanse en máis de 6 mil millóns de euros
– O organismo provincial aproba iniciar a expropiación da zona na que se situará a Escola de Enxeñería Civil e un centro de investigación empresarial, e que se inclúe no proxecto do futuro Campus 2015
O Pleno da Deputación aprobou este martes, cos votos en contra do Partido Popular, a proposta de adxudicación de remanentes por valor de 25 millóns de euros presentada polo equipo de goberno, e que permitirá sanear as contas públicas e acometer novas actuacións como o Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro e novas residencias da terceira idade, así como acometer melloras na rede viaria provincial ou en instalacións culturais. O Presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, salientou que este presuposto é resultado da boa xestión económica que, comezou sendo a primeira Deputación galega en aprobar un plan económico-financieiro que asegurase o equilibrio presupostario, “e remata o primeiro mandato cunhas contas saneadas a pesar de que a situación económica actual. Fomos capaces de aforrar e dispoñer hoxe destes remanentes a pesares de ter que pagar os marroncitos desta provincia como o canon hidroeléctrico ou os parques de bombeiros”.
Deste xeito, as partidas dos remanentes van dirixidas as seguintes actuacións:
1º.- Amortizar 10 millóns de euros para reducir a débeda da Deputación nun 14%. As contas da institución lucense atópanse agora nun 10,08% por debaixo do nivel máximo do 75% de endebedamento que marca a Lei de Presupostos do Estado, permitindo recorrer, se fixese falla, a novos créditos para seguir xerando riqueza na provincia. Gómez Besteiro fixo unha comparanza con outras administracións galegas, e subliñou que no caso da Deputación de Ourense, esta administración acumula unha débeda de máis de 80 millóns de euros, superando nun 35% o límite legal ó acadar o 110%. Na mesma situación atópase a de Pontevedra, que ten unha débeda de 108 millóns de euros, chegando ó 110%. Pola súa banda, a Xunta, segundo datos do Banco de España, sitúa a débeda pública en 6.162 millóns de euros.
Deste xeito, a Deputación reduce a 63 millóns de euros o seu endebedamento adquirido, ó que tivo que recurrir para construír as 10 primeiras residencias con centro de día na provincia; para pagar a histórica débeda do canon ós veciños de Chantada e ós dos 15 Concellos sen sentenza favorable; para comprar o equipamento necesario dos parques de bombeiros; ou para mellorar ós máis de 4.000 quilómetros de conforman a rede viaria provincial, así como as estradas municipais mediante plans como o Plan de Obras e Servizos.
Neste senso, en alusión ás críticas do Presidente provincial do Partido Popular nas que aseguraba que coa proposta se modifica a cuarta parte do orzamento, Besteiro engadiu: “se falamos de seriedade é triste ver como non é quen de recoñecer que a Deputación reduce en 10 puntos a débeda e que damos estabilidade económica ás contas, incluso de cara a outros mandatos. Esta é unha decisión equilibrada, ponderada e rigorosa. Son actuacións importantes para esta provincia e o voceiro do PP non foi capaz de dicir que está mal”. A este respecto explicou que, a diferenza do que están a facer outras administracións como a Xunta de Galicia, sinalou que “non podemos deixar de facer cousas. O que hai que facer e deixar de botarlle a culpa ós demais e poñerse a traballar. Nós somos ambiciosos por iso lle explicamos á cidadanía a que imos destinar estes remanentes”.
2º.- Transferencias a SUPLUSA por valor de 4,3 millóns de euros, que se distribúen do seguinte xeito: 1,2 millóns de euros para a creación dunha residencia con centro de día na Pobra do Brollón; 2,1 millóns de euros para a construción do centro da 3º idade da Fonsagrada; e 1 millón de euros para a adquisición dos terreos necesarios que situarán en Monforte a nova factoría de Pacadar.
3º.- 1.320.000 euros para a adquisición e mellora de bens de titularidade provincial.
4º.- 1.800.000 euros no acondicionamento da rede viaria da Deputación.
5º.- 1.580.000 euros en instalacións culturais.
6º.- 6.000.000 para o inicio das obras do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, que teñen un prazo de execución de 9 meses, e inclúen, entre outras actuacións, a limpeza e desbroce da finca, así como a construción das 13 naves que albergarán as 3.000 novillas que entrarán na nova infraestrutura. Deste xeito, actuarase nas sete hectáreas que ocupará o Centro. O organismo provincial non puido iniciar antes as obras debido a que a Xunta de Galicia retrasou máis dun ano a concesión da declaración de impacto medioambiental. A este problema, engádese que as instalacións existentes non estaban recoñecidas como explotación gandeira e non dispoñían de licenza de actividade.
Avances para o Campus 2015
Asimesmo, o Pleno aprobou por unanimidade a expropiación da parcela comprendida entre a Avenida Pablo Iglesias ata a rúa das Pedreiras, de 11.756 metros cadrados. Nesta zona situarase un centro de investigación do Campus, no que se levarán a cabo accións de desenvolvemento e investigación empresarial, así como a Escola de Enxeñería Civil cuxas obras foron contratadas polo organismo provincial este mes por valor de 3.840.000 euros.
Trátase do primeiro paso para o desenvolvemento do Campus 2015, na que o organismo provincial inviste 890.000 euros. Logo desta primeira fase de expropiación, a Deputación actuará nas outras dúas zonas previstas: a comprendida entre a Avenida Bernardino Pardo Ouro e a Avenida Pardo Iglesias, de 13.633 metros cadrados que se adicarán ó sector servizos, e a rúa das Pedreiras e a nova rotonda, de 11.772 m2 onde se construirá un polideportivo. En total, investiranse 4,6 millóns de euros para expropiar as zonas citadas anteriormente.
Vía de alta capacidade Sarria-Monforte
A Deputación tamén acordou, coa abstención do PP, instar á Xunta de Galicia a executar o treito da vías de alta capacidade que comunica Sarria con Monforte de Lemos coas mesmas características técnicas que o xa construído e que enlaza Nadela co municipio sarriano. Neste senso e tendo en conta que dará servizo a máis de 60.000 persoas, exíselle que se repoñan os 14 millóns de euros previstos no orzamento de 2010 pero que non se contemplan no de 2011, co obxectivo de non retrasar o remate das obras e a súa entrada en servizo. Asimesmo, tamén se lle solicita á administración autonómica a ampliación da licitación do estudo informativo para o desdobramento en autovía na totalidade do percorrido, para enlazar coa futura A-76.
No Pleno, o Presidente tamén adicou unhas palabras de agradecemento ó actual Secretario Xeral, Faustino Martínez Fernández, polo traballo desenvolvido durante os 28 anos que desempeñou este cargo no organismo provincial. Faustino Martínez xubilarase o 19 abril, de tal xeito que este foi o último Pleno como Secretario provincial.


























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



