Nota de prensa
A FOTOTECA DE RIBADEO CONTA XA CON MIL FOTOS CEDIDAS POR VECIÑAS E VECIÑOS DO CONCELLO. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE A MEDIADOS DESTE MES HABERÁ MATERIAL SUFICIENTE PARA PODER FACER UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE POLAS PARROQUIAS.
Ribadeo, 4 de marzo de 2011. A fototeca de Ribadeo conta xa con 1.000 fotos cedidas por veciños e por veciñas do concello. O alcalde, Fernando Suárez, considera que a mediados de mes haberá material suficiente para poder facer unha exposición itinerante polas parroquias.
O rexedor asegurou que “vai moi ben esta campaña de recollida de fotos para escanear, que estamos levando adiante desde esta fototeca que queremos crear aquí en Ribadeo coa colaboración de todos os veciños e veciñas, tanto das parroquias como da vila. Moitos deles, canalizados a través das asociacións veciñais, están contribuindo a cedernos en uso, a permitir que o Concello poida escanear esas fotos históricas anteriores aos anos 70, onde se recollen momentos da vida da xente de Ribadeo, quizáis dos que nunca volvan, de oficios que xa non existen, de feiras, de festas, de calquera evento familiar que a propia xente así o queira facer público”.
Suárez Barcia confirmou que “temos xa unhas 1.000 fotografías e cando remate esta campaña de recollida de fotos a mediados deste mes teremos material para empezar a facer unha serie de exposicións itinerantes polas parroquias así como tamén algunha publicación de todo este patrimonio que queremos recoller antes de que se perda. Hai fotografías moi vellas e moi deterioradas, pero unha vez que se escaneen quedarán permanentemente a disposición do que é a cidadanía en xeral, a través do Concello de Ribadeo como depositario deste material”.
O alcalde convidou “unha vez máis a todas aquelas persoas que lles pareza ben esta iniciativa e que aínda non quixeran compartir con todos nós ese patrimonio que teñen de seus pais, de seus avós, de seus bisavós, dalgunha fotografía que sexa relevante para figurar nunha exposición ou na edición dun libro, que o fagan. Poden vir á oficina de turismo ou ao telecentro de Ribadeo, que falen coas rapazas que se están a facer cargo desta iniciativa e que poñan ao noso dispor estas fotografías para que simplemente as escaneemos e collamos algúns datos da época na que foron tomadas, así coma unha breve descrición do que esas imaxes recollen”.
Reserva da Biosfera
Fernando Suárez tamén subliñou hoxe que 21 ribadenses obtiveron axudas para proceder á corrección de impactos ambientais. O rexedor dixo que “recentemente esta xunta directiva dos concellos da Reserva da Biosfera, na que está incluida Ribadeo, aprobamos unha serie de axudas para a corrección de impactos ambientais a través dunha liña que sacamos hai varios meses. Desde Ribadeo presentáronse 23 solicitudes e 21 foron aprobadas, para o arranxo de hórreos, lucido e enfoscado de cabazos, substitución de uralita por lousa, etc… o importe total de axuda pública ascende a 91.000 euros, que irán parar aos solicitantes destas axudas, coa condición de que teñen ata xuño para realizar esas obras e xustificalas, segundo os modelos que lles estamos a remitir estes días”.
Suárez Barcia engadiu que “dentro dun tempo cando estas obras estean feitas, cando os hórreos e os cabazos estean amañados será tamén unha maneira de ver o noso patrimonio privado, pero que enriquece tamén ás nosas parroquias, mellor. E isto danos alas para que neste 2011, a través desta asociación de concellos que temos constituida, levar adiante outra nova liña de axudas con esta filosofía, que vemos que ten moi boa acollida tanto en Ribadeo coma nos outros concellos da Reserva da Biosfera. A intención é manter os mesmos criterios, ou si cadra ampliaremos algúns máis”.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



