Nota de prensa:
A Parroquia de Ribadeo organiza de novo as conferencias sociais.
Por segundo ano consecutivo, a Parroquia de Ribadeo e o seu arciprestazgo organizarán xunto á Asociación Católica de Propagandistas, un ciclo de conferencias de temática social. Nesta ocasión, o ciclo amplíase de dous a catro conferencias e contará coa colaboración de dous conferenciantes pertencentes a familias de Ribadeo.
As dúas primeiras conferencias terán lugar os días 8 e 9 de Abril, Venres e Sábado. O primeiro dos días, o Profesor Ignacio Torres Muro, Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Complutense de Madrid e Letrado do Tribunal Constitucional, disertará sobre “O dereito á educación: vellos conflitos e novos problemas”. Ao día seguinte, Don Manuel Saez Parga, Avogado dos Colexios de Barcelona e Madrid e Maxistrado en excedencia, abordará o tema “O dereito á vida: posición fronte ao aborto e a eutanasia”.
Máis adiante, o mércores día 13 o Profesor Luís Zayas Zatrústegui, da Universidade San Pablo CEU, disertará sobre os “Retos que nos expón a actual situación económica, social e política aos católicos”. Ao día seguinte, Xoves 14 de Abril, Monseño Manuel Sánchez Monge, Bispo de Mondoñedo e Ferrol, falará sobre “A Igrexa e os mozos: retos ante a Xornada Mundial da Xuventude de Madrid 2011”.
Con este ciclo, Ribadeo volve acoller un ciclo de Conferencias de altura en datas próximas á Semana Santa. Ditas conferencias, ademais de transmitir un conxunto interesante de coñecementos a quen acoden a escoitalas, constitúen unha plataforma para a proxección exterior de Ribadeo e a comarca. Das conferencias do ano pasado fíxose unha extensa reseña acompañada de fotografías no boletín da Asociación Católica de Propagandistas, que difunde miles exemplares por toda España. Isto permitiu facer chegar Ribadeo as tres Universidades que ten dita Asociación en Madrid, Barcelona e Valencia (Universidades CEU San Pablo, Abat Oliva e Cardenal Herrera), e miles de persoas e centos de asociacións que reciben información a través do devandito boletín.
Do mesmo xeito que o ano pasado, as conferencias desenvolveranse no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo. Todas elas terán lugar ás 20,30 horas.























Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



