Nota de prensa
Nota de prensa da Vicepresidencia 3ª
No dia de hoxe a Vicepresidenta 3ª da Deputacion de Lugo e responsable da Ärea de Turismo, Mª Xosé Vega Buján presentou a campaña de promoción Turística da Deputación de Lugo para o ano 2011 : Autobus Turístico
Este ano a promoción da Provincia de Lugo basearase na figura do actor LUIS TOSAR . Un dos lucenses máis coñecidos hoxe en día e será un bo prescriptor da provincia.
Luis Tosar , como lucense mostrouse interesada dende o primeiro momento polo proxecto turístico que lle presentou a Deputación de Lugo : LUGO TERRA, de todo natural.
A sua participación consistirá na cesión da sua imaxe para o Autobús, o mapa de Lugo, a páxina web : www.lugoterra.com e publicacións promocionais da Área de Turismo.
O lema elexido é “ Lugo terra de todo natural “ “ Eu son natural de Lugo “.
Luis Tosar estará presente o día 25 de marzo na presentación do autobús turístico en Lugo, nun acto aberto a todo o público no Círculo das Artes. Convidamos xa dende agora aos vecinos e veciñas de Lugo a recibir e acompañar a Luis Tosar como lucense comprometido co impulso turístico da provincia e a darle a saida ao autobús que percorrerá as ciudades de Asturias, Cantabria, Euskadi, Aragón, Cataluña, Castela e León e Galicia durante 35 días.
Destacar que no ano 2010 o autobús turístico visitou 15 cidades do Norte do Estado Español e Portugal.
Que 4.950 persoas entraron no autobús para solicitar información turística .
e que 8650 visitaron a páxina web dende as ciudades visitadas.