Nota de prensa
HOXE FORON PRESENTADAS AS TERCEIRAS XORNADAS DO OURIZO, QUE SE DESENVOLVERÁN EN BURELA DO 18 AO 20 DE MARZO. ENTRE AS 1.000 PRIMEIRAS TAPAS QUE SE VENDAN SERÁ SORTEADA UNHA FIN DE SEMANA PARA DÚAS PERSOAS NO SPA TERMAS DE VILALBA.
Burela, 16 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaban hoxe as terceiras xornadas do ourizo de mar, que se celebrarán a vindeira fin de semana os días 18,19 e 20 de marzo. Nesta ocasión participan 20 hostaleiros que ofrecerán ourizo cocido ou crú a 4 euros e ademais cada restaurante ofrecerá as súas especialidades. Así será posible degustar:
MESÓN DO POETA, revolto de ourizo con gambas
RESTAURANTE PALACIO DE CRISTAL, pementos de piquillo recheos de caviar de ourizo e marisco
MESÓN CARLOS, tortilla de ourizo
MESÓN HAMILTON, tarteleta de ourizo
RESTAURANTE OS REMOS, ourizos a vinagreta e revolto de ourizo
PARRILLADA A MARQUESA, espárragos recheos de caviar de ourizo
RESTAURANTE O SARGO, paté de ourizo e pementos recheos de ourizo
BAR TRISQUEL, revolto de ourizo
CERVECERÍA A BODEGUILLA, ourizo cocido
BAR PENA ORXAL, delicias de orizo con algas nori
PARRILLADA DE JANDRO, tosta de ovo de codorniz con caviar de ourizo de mar
A FAZENDA, torrada de ourizo
CERVECERÍA KIKO , ourizo cocido
CASA MIRANDA – PORTO DE BURELA, ourizo con vieira
HOTEL NORDÉS, ourizos gratinados
RESTAURANTE O PORTELO, pescada á cazola en salsa de ourizo
BAR DA COSTA, salsa de ourizo con ovos escalfados
CHURRASQUERÍA ABRENTE, fabas con ourizos
MESÓN DA PEDRA, pastel de ourizo
LA SARTÉN DE CARMEN, espárragos recheos de ourizo
Remedios López lembra que “as primeiras 1000 tapas que se vendan entran no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas no spa Termas de Vilalba, neste premio entra aloxamento para dúas persoas, almorzo tipo buffet e acceso ilimitado ao club termal do spa nos tres días. Tamén unha sesión de tratamento relax que inclúe envolvemento corporal hidratante ou aplicación de parafangos e masaxe relax ao aceite esencial. O gañador deste sorteo saberase o martes da semana entrante nun acto aberto e custodiado polo secretario do concello de Burela”.
A edil socialista manifestou que “ourizo é un produto de temporada, considerado como o caviar e que o Concello de Burela quere promocionalo e dalo a coñecer xa que é un dos produtos que se comercializan no noso peirao. Éste é un bó momento para acercarse a Burela a degustalo e probalo nas distintas formas que elabora a nosa hostalería”.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



