O XAPÓN RECALA NA MARIÑA PARA MEDIRSE A UNHA SELECCIÓN COMARCAL LIDERADA POR SUSO REY (DOMINGO 27, 19.30 HORAS)
Na xornada de descanso para o Burela FS en Prata, a entidade burelista organizou un amigable coa selección do Xapón, que recala na Mariña para medirse a un combinado comarcal liderado polo adestrador laranxa, Suso Rey. Vista Alegre acollerá o encontro o domingo, a partir das 19.30, con entrada totalmente gratuíta.
![]()
Na convocatoria do técnico burelista entrarán os laranxas Brais, Purao, Juanma, Ique, Víctor Cachón, Christian, André e Manu, ademais do meta xuvenil Juan; o ala-peche Rubén García ‘Turero’ e os alas David Richarte ‘Paleta’ e Edu Fernández, polo CD Rececende Superti-A Pontenova, de Primeira Nacional A; e os alas Bruno de Nois e Borja Rocha, do Concello de Trabada FS, de Primeira B. Suso Rey decidiu dar descanso a Edu, Esteller e Clebinho, con senllas molestias, coa finalidade de recuperalos totalmente restablecidos para a vindeira cita de Prata, o 2 de abril en Burela, ante o OPDE Ribera Navarra, segundo clasificado.
Vista Alegre gardará un minuto de silencio en solidariedade cos damnificados polo terremoto e a crise nuclear que sacode o país nipón dende o 11 de marzo; peña A Pataca Naranxa tamén lanzará unha mensaxe de apoio nunha gran pancarta. Coincidindo coa 25ª xornada de Honra e a 32ª de Prata, a LNFS ademais destinará unha achega económica para contribuír á recuperación das zonas afectadas polo sismo; por cada gol que se marque, a Liga doará 20 euros.
Outros encontros. Tras a cita mariñá, o combinado do español Miguel Rodrigo, que comezou a súa preparación europea en Portugal o 19 de marzo, porá rumbo á capital galega para para medirse o luns 28 ao Autos Lobelle. Caja Segovia (día 29), Talavera (30) e Zamora (31) completarán a xira do Xapón na península Ibérica. Neste último destino participará nun torneo triangular solidario, xunto a un combinado de estrelas históricas da LNFS e o propio conxunto zamorano.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
