Nota de prensa
Medio Rural asinou hoxe en Cervo os convenios para a mellora das infraestruturas rurais
Juárez asinou hoxe en Cervo os convenios para a mellora das infraestruturas rurais
* En total, son 14 concellos da zona os que se beneficiarán dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural
Santiago, 30 de marzo de 2011.- O titular de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, reuniuse hoxe, no Concello de Cervo (Lugo), para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) cos distintos alcaldes dos concellos que se beneficiarán deste investimento. O obxectivo fundamental destas obras é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.
O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.
Obxecto e Actuacións
O convenio establece que o Ministerio, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, colabore no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Pola súa parte, a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural. A estas infraestruturas, que están financiadas integramente pola Xunta, sumaranse outras novas cando o Ministerio aporte a súa parte.
O órgano encargado de realizar o seguimento de execución e cumprimento das actuacións obxecto do convenio é a Comisión de Seguimento, integrada por persoas de ámbalas dúas Administracións.
Concellos beneficiarios
Os concellos que se beneficiarán destas melloras son Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



