NOTA DE PRENSA
O PP pide que o concello oferte un solar para facer unha nova gardería.
* Consideran que hai que facer un estudio de evolución futura da poboación de 0-3 anos para avalar a petición.
* Os populares consideran que o bipartito traballa pouco: “só falaron coa Xunta unha vez sobre este asunto”.
Burela, 30 de marzo de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela vai apoiar no pleno que a Corporación burelesa celebra mañán, xoves, a petición dunha nova gardería para a localidade, porque considera que é necesaria, pero apoiará a petición con dous engadidos que os populares consideran imprescindibles: un estudio de evolución futura da poboación de 0 a 3 anos, e a oferta dun solar á Xunta para que se constrúa a nova gardería.
Os populares consideran que o estudio de evolución futura da poboación 0-3 anos tén como finalidade facer unha proxección sobre a necesidade de prazas para os próximos anos. Os datos que obran no concello, referidos a poboación actual, incremento da poboación na súa totalidade e no sector 0-3 anos hasta o día de hoxe, etc., feito o pertinente análise, ofreceranos unha previsión de incremento de poboación futura.
Ademais, “unha gardería non se constrúe no aire. Queda mui ben pedirle unha nova gardería á Xunta, pero hai que saber onde. E ese onde tén que decidilo o concello, porque, sobre de todo, o concello tén que ofertar un terreo para que se ubique a gardería”. Os populares entenden que “esta posta a disposición dun solar tén que concretarse en seis meses; sabemos que non se fai nunha semana, pero tamén temos que decir que nin o alcalde nin a tenente de alcalde fixeron ningunha xestión ó respecto”.
Ademais, os populares critican “a vagancia do alcalde e do bipartito, porque no propio informe que serve de base á proposta do alcalde queda claro que sólo falaron coa Xunta, en concreto co Consorcio de Servicios Sociais, unha vez. E desde o PP sabemos que facer unha gardería non é cousa dunha sola reunión, e máis ainda na situación de crise que estamos a vivir. A labor do alcalde é a de falar, presentar proxectos debidamente argumentados, e insistir, e mesmo pedir colaboración para sacar as cousas para adiante. E aquí só se falou unha vez, non se presentan proxectos documentados, úsanse os plenso e a prensa para insistir, e non se pide colaboración: o mundo ó revés, cando, segundo o propio informe da tenente de alcalde recoñece que xa había rapaces sen praza na época de cohabitación da Xunta bipartita co bipartito burelés, e non fixeron nada para tan siquera comenzar a solucionar o problema”.
Os populares son claros: “nós sí sabemos como se fan estas cousas: conseguimos o solar para a gardería actual, xestionamos a gardería e a súa construcción, e tamén conseguimos a ampliación. Eso sí, PSOE e BNG opuñéronse á súa financiación, e no caso da ampliación é mellor esquecer as trabas que o BNG puxo para a súa posta en servicio”. Pola contra, desde o PP insisten en que “ofrecemos colaboración, pero foron sobrados nestes anos, e así nos vai, moito larear na prensa criticando á Xunta pero nula xestión”.
Finalmente, os populares consideran que non sería malo que o bipartito burelés se aclare: primeiro pedían que se acondicionara a Casa do Mar, ou parte, e agora piden unha nova gardería, que suponemos que será un novo edificio, que é o máis lóxico. En fin, que o bipartito está instalado no reino da confusión e non se aclaran. E para colmo, esta é a terceira vez que este asunto vai ó pleno do concello, proba do que queda indicado: non hai xestión, non hai traballo, pero sí que se busca moita repercusión mediática.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



