Nota de prensa
ALFREDO LLANO AGARDA QUE AS OBRAS DE ARRANXO DO ESPIGÓN DA MAROSA ESTEAN LISTAS EN MAIO. OS TRABALLOS QUE COMEZARON ESTA SEMANA SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE 180.000 EUROS.
Burela, 16 de marzo de 2011. O alcalde, Alfredo Llano, agarda que as obras de arranxo do espigón da Marosa estean listas no mes de maio. Os traballos que comezaron esta semana suporán un investimento de 180.000 euros.
O rexedor dixo que “é o momento de pensar en ir arranxando ben as praias para telas en debidas condicións de cara á semana santa. Estamos preocupados polo areal da Marosa, hai que lembrar que o espigón resultou danado polos últimos temporais que sofrimos ao longo do ano pasado. Ese espigón perdeu moítimas pedras das que formaban esa parede e hai que voltar a colocalas”. Llano confirmou que “o luns comezaron as obras de arranxo do espigón e si o tempo acompaña en mes e medio ou dous meses estarán listas, eso quere decir que para o verán a praia estará en perfecto estado”.
Alfredo Llano subliña que “a obra do espigón é moi necesaria porque protexe o areal e garantiza que non cheguen olas que poidan danar aos bañistas. Tamén servirá para evitar que se poida perder unha cantidade considerable de area. Suporá unha mellora da praia no seu conxunto. As obras teñen un presuposto de 180.000 euros e vai levantarse dous metros máis da altura que tiña a día de hoxe. O proxecto levao Costas directamente e calculamos que estea lista a execución en dous meses, como tamén estarán listos para a época estival os accesos á praia, adaptados para todo tipo de persoas e de necesidades, incluso para que poida utilizalo algún vehículo que teña que baixar a facer traballos na area”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



