Nota de prensa
Convenio
Burela, 16 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o responsable da asociación Dignidad de Lugo, Fernando Pérez Lozano, asinaron esta mañá un convenio para establecer un marco de colaboración e actuación co fin de favorecer, entre outras cousas, a integración de persoas con problemas de drogadicción. Llano explicou que “este colectivo traballa con persoas que sofren pobreza, marxinación, enfermidades ou discapacidades e con aqueles que teñen problemas coas drogas. O obxectivo do convenio é establecer un marco de colaboración entre o Concello e Dignidad para o desenvolvemento de actuacións que fomenten a integración dos menores, adolescentes con risco de conflicto social e que favorezcan a promoción da saúde e de hábitos saudables”.
O rexedor sinalou que “na Unidade de Drogodependencias estamos a ver que está a aumentar o consumo de drogas, sobre todo en menores a partires de 17 anos. É unha problemática que preocupa non só ao Concello e á UAD senón que hai máis asociacións que tamén están con nós nesto. Todo o que sexa reforzarse e axudarse mutuamente será importante e terá repercusións positivas na nosa sociedade”. Llano engadiu que “este convenio está asinado con xente que está moi metida nesta problemática e en todo o que se deriva dela, queremos traballar con rapaces e con programas en materia de prevención” e anunciou que “queremos que Dignidad forme parte dunha comisión que se creará en Burela con todos os alcaldes da Mariña para abordar esta cuestión que tanto preocupa á sociedade. Queremos que nos asesoren e así entre todos buscar solucións que merezcan a pena e poder atallar o aumento detectado no consumo de drogas”.
Convenio
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o responsable da asociación Dignidad de Lugo, Fernando Pérez Lozano, asinaron esta mañá un convenio para establecer un marco de colaboración e actuación co fin de favorecer, entre outras cousas, a integración de persoas con problemas de drogadicción. Llano explicou que “este colectivo traballa con persoas que sofren pobreza, marxinación, enfermidades ou discapacidades e con aqueles que teñen problemas coas drogas. O obxectivo do convenio é establecer un marco de colaboración entre o Concello e Dignidad para o desenvolvemento de actuacións que fomenten a integración dos menores, adolescentes con risco de conflicto social e que favorezcan a promoción da saúde e de hábitos saudables”.
O rexedor sinalou que “na Unidade de Drogodependencias estamos a ver que está a aumentar o consumo de drogas, sobre todo en menores a partires de 17 anos. É unha problemática que preocupa non só ao Concello e á UAD senón que hai máis asociacións que tamén están con nós nesto. Todo o que sexa reforzarse e axudarse mutuamente será importante e terá repercusións positivas na nosa sociedade”. Llano engadiu que “este convenio está asinado con xente que está moi metida nesta problemática e en todo o que se deriva dela, queremos traballar con rapaces e con programas en materia de prevención” e anunciou que “queremos que Dignidad forme parte dunha comisión que se creará en Burela con todos os alcaldes da Mariña para abordar esta cuestión que tanto preocupa á sociedade. Queremos que nos asesoren e así entre todos buscar solucións que merezcan a pena e poder atallar o aumento detectado no consumo de drogas”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



