Nota de prensa
O CONCELLO DE CERVO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO INMINENTE REMATE DAS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA NOVA REDE DE SANEAMENTO DE SAN CIPRIÁN MALIA QUE LAMENTA QUE O RECORTE QUE O BIPARTITO FIXO NO SEU DÍA NO ORZAMENTO IMPIDA A SÚA ENTRADA EN SERVIZO
* Esta actuación fora substancialmente modificada debido á decisión adoptada durante o mandato do socialista Francisco Vázquez ó fronte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta bipartita
* Os daquela responsables de Medio Ambiente decidiron rescindir o proxecto orixinal de 2005 e adxudicalo novamente por outro 2 millóns de euros máis barato
* Esta rebaixa orzamentaria trae consigo a imposibilidade de levar adiante a totalidade do proxecto orixinario e, por conseguinte, o novo saneamento de San Ciprián non poderá entrar en servizo tal e como lles gustaría ós responsables locais
Cervo, 22 de marzo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou a súa satisfacción diante da inminente finalización da primeira fase da nova rede de saneamento de San Ciprián, cuxos traballos comezaron aló por agosto do 2009 e agora están a piques de rematar.
Recorte de 2 millóns do bipartito
A pesares desta boa nova, o rexedor non quixo tampouco ocultar algúns reparos á planificación desta nova infraestrutura. Ao fío disto lamentou o “inexplicable” recorte no presuposto da obra que no seu día impuxo unilateralmente o Goberno bipartito “e cuxas queixas este Goberno municipal xa transmitiu en máis dunha ocasión” indicou.
O primeiro edil lembrou que o proxecto orixinal fora aprobado en xuño de 2005 polo Goberno do Partido Popular na Xunta e pouco tempo despois fora adxudicado cun orzamento de 6,5 millóns euros, “pero nada máis chegar os socialistas e nacionalistas á Xunta decidiron anular o contrato de adxudicación sen razón algunha e finalmente recortaron o seu presuposto a 4,3 millóns de euros, recorte que operou en contra dos intereses dos veciños e veciñas de San Ciprián; por non falar dos 400.000 euros de indemnización que tiveron que pagar para rescindir devandita adxudicación” recalcou o primeiro edil cervense.
En opinión do rexedor local, esta decisión da Consellería de Medio Ambiente -que daquela dirixía o socialista Manuel Vázquez- debeuse a motivos estritamente políticos co obxectivo de prexudicar ao Concello de Cervo por non ser da súa mesma cor política e trouxo aparellado que o proxecto integral adxudicado no 2005 durante a época Fraga mudase para converterse por decisión do bipartito en so unha primeira fase do proxecto inicialmente deseñado. “Como consecuencia deste recorte orzamentario, hoxe tan só estamos a falar da finalización da primeira fase, e non da entrada en servizo do novo saneamento, como nos tería gustado presentar” recoñeceu Villares.
Parabéns á empresa
Ao marxe das criticas, o alcalde cervense quixo amosar o seu agradecemento á empresa encargada de desenvolver estas obras “porque os traballos que viñeron desenvolvendo en todos estes meses foron feitos cunha gran profesionalidade” indicou.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



