Nota de prensa:
O BURELA FS VE ESCAPAR O EMPATE CO ZAMORA (4-3) NOS ÚLTIMOS SEGUNDOS
O Burela FS mereceu máis sorte onte no Ángel Nieto. O desacerto na finalización volveu pasar factura para os laranxas, que viron como o empate co Arcebansa Zamora se lles escapaba a escasos segundos do final (4-3), cun rexeitamento de Edu que aproveitou Carlos Alberto.
No primeiro período púidose presenciar un continuo tira e afrouxa por ambas as dúas bandas. O gol temperán dos zamoranos (minuto 5) foi axiña neutralizado por Víctor Cachón (8). Novamente volveron adiantarse os pupilos de Juanito (10) e os mariñáns equilibraron o electrónico nas zapatillas de Christian, aínda que tiveron que conformarse con recibir co descanso con 3-2 (minuto 18).
Co reinicio apareceu un Burela FS máis dominador, con moitas ocasións de cara á portería que resistiron unha e outra vez. Víctor Cachón materializou a igualada con xogo de cinco, no minuto 38; a menos de 20 segundos para o son da bucina final, os zamoranos anotaron o 4-3, tamén con porteiro-xogador.
Partido pertencente á 30ª xornada da tempada 2010/2011.
 | Arcebansa Zamora 13 Vitorias | 4 Empates | 11 Derrotas Puntos acumulados: 43 | 4 |
 | CD Burela FS 11 Vitorias | 10 Empates | 8 Derrotas Puntos acumulados: 43 | 3 |
Cancha de xogo: Municipal Ángel Nieto
Data: Martes, 15 de Marzo de 2011
Hora de inicio: 21.00 horas

Arcebansa Zamora 2 | Juan Pedro Toldos Arrizabalaga Juanpe |
---|
5 | Felipe Yagüe Hernández Pipe |
---|
14 | Carlos Alberto da Costa Carlos Alberto |
---|
15 | Javier Arrivi Loureiro Arrivi |
---|
7 | Javier Serrano García Javi Serrano |
---|
8 | Jonathan Vilches Ramírez Jonathan |
---|
9 | Jose Antonio Carracedo Ochoa Carracedo |
---|
11 | Saúl Marrupe Bolea Saúl |
---|
Adestrador: Moisés Barba | | CD Burela FS 1 | Eduardo Saavedra Cebreiro Edu |
---|
5 | Anderson de Almeida Gomes Purao |
---|
6 | Víctor Cachón Suazo Víctor |
---|
7 | Carlos Henrique Ribeiro Ique |
---|
8 | Juan Manuel Marrube Rodríguez Juanma |
---|
3 | André Luiz Nogueira Fernandes André |
---|
10 | Manuel Jiménez Fraga Manu |
---|
11 | Christian Palmeiro Chao Christian |
---|
20 | Cleber Rafael Barbosa Clebinho |
---|
21 | Adriá Esteller Cortina Adriá Esteller |
---|
Adestrador: |

 | Min. 0 | | Arrivi |
|
 | Min. 0 | | Edu |
|
 | Min. 0 | | Adriá Esteller |
|
 | 1 – 0 Min. 5 | | Carracedo |
|
 | 1 – 1 Min. 8 | | Víctor |
|
 | 2 – 1 Min. 10 | | Carlos Alberto |
|
 | 2 – 2 Min. 18 | | Christian |
|
 | 3 – 2 Min. 18 | | Moi |
|
 | 3 – 3 Min. 38 | | Víctor |
|
 | 4 – 3 Min. 39 | | Carlos Alberto |