Nota de prensa:
O PP DE CERVO DEBE DIRIXIR AS SÚAS CRÍTICAS AOS IRRESPONSABLES QUE UNIFICAN CENTROS SEN CONTAR PREVIAMENTE COAS INSTALACIÓNS AXEITADAS
PARA OS POPULARES ERA URXENTE CONTAR CUN PABILLÓN COMPLETO CANDO EXISTÍAN DOUS CENTROS, PERO A URXENCIA ESFUMOUSE DESPOIS DA UNIFICACIÓN
CERVO, 16 DE MARZO
A Xunta bipartita xa non está no goberno e polo tanto o PP de Cervo debe redirixir as súas críticas aos responsables do actual goberno de Feijóo polo retraso na execución das obras de ampliación do pabillón de Galdín,
Debemos recordarlle ao PP, que os Socialistas decidimos no seu día apostar por manter os dous centros educativos de San Ciprián ata a resolución por parte da xustiza dos recursos interpuestos en todo o referente ao proceso da recalificación dos terreos do CEIP Rivera Casás, apostando nun futuro por unificar os centros neste último.
Pero coa chegada do PP á Xunta de Galicia, modificaronse os plans sobre a unificación dos centros e decideuse in extremis unificar a toda costa no CEIP de Galdín, sen contar coas infraestructuras que segundo o PP eran “urxentes” e vitais para os nenos.
O PP fala agora de “mellora” en lugar de “urxencia vital”
Parece lóxico pensar que se o espazo do pabillón polideportivo era pequeno e causaba prexuizos a 70 nenos, tal e coma criticou o PP de Cervo, ao incrementarse a comunidade educativa en case 60 nenos máis, sería “vital” acometer as obras de ampliación antes de proceder con tanta urxencia e atropelo á unificación. Sen embargo, parece que onde antes veian unha “urxencia vital”, os populares, agora ven unha mellora que concede a Xunta de Feijóo, aínda que sexa con mais de dous anos (o máis) de retraso
En definitiva, todo un retrato de como actúa o PP, con anuncios de obras o primeiro ano; anuncio de estudos e licitacións o segundo e a ver, se con un pouco de sorte, despois de tres anos, conseguimos que o CEIP de Cervo Nº 1 teña o pabillón acorde coas necesidades da comunidade educativa.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



