Nota de prensa
UNHA RUTA DE SENDEIRISMO PARA TODA A FAMILIA, DÚAS EXPOSICIÓNS DE RIBADENSES E DIVERSAS ACTIVIDADES DURANTE O RIBADEO DE TAPEO, SON ALGUNHAS DAS NOVIDADES DA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO PARA O SEGUNDO TRIMESTRE DESTE ANO.
Ribadeo, 30 de marzo de 2011. Teatro infantil e para adultos, música, danza, exposicións e cine son algunhas das actividades das que poderán disfrutar os veciños de Ribadeo ao longo do segundo trimestre deste 2011. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, presentou a programación este mediodía no salón de plenos do Concello.
A edil nacionalista sinalou que “seguindo a liña que vimos mantendo nos últimos anos a actividade cultural vai estar moi diversificada, haberá teatro para adultos, teatro para o público infantil, música, danza e exposicións. Todo isto tendo en conta o momento crítico que se está a vivir e adaptando os presupostos, pero non por iso deixando de facer aquelas cousas que nos parecen dun interese básico e que serven como motor e dinamizador das distintas áreas económicas da nosa vila”.
Teatro
A axenda cultural deste segundo trimestre do ano comeza esta fin cunha soble sesión de teatro, “xa sabedes que Buxiganga é un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo que busca dinamizar e promocionar o teatro afeccionado feito na provincia. Ribadeo acolleuse desde o primeiro momento a este programa de representacións. Este sábado os sete grupos de teatro que existen na Mariña van estar na nosa vila amosando un pedazo das obras que teñen en cartel. O atractivo da idea é que se vai facer polas rúas de Ribadeo en sete lugares. Comeza A Adala de Cervo ás nove da noite na praciña de San Roque, despois outro grupo fará a súa representación onde o Cine Teatro e así ata completar os sete grupos en sete localizacións. Convidamos a todos os veciños e veciñas a este paseo teatral que vai animar seguro a noitiña deste sábado”.
Álvarez Lastra seguiu a contar que “o vindeiro domingo, coma sempre ás oito e media da tarde, acollemos a segunda representación neste ano dun premio teatral xa que Teatro Galileo trae Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González. Un texto que obtivo o Premio Álvaro Cunqueiro en 2008. No elenco de actores aparecen rostros que coñecemos a través da televisión ou o cinema como Isabel Blanco (Un franco, 14 pesetas ou Mareas vivas) e Ana Santos (famosa agora mesmo polo seu papel de Elsiña en Padre Casares)”.
A concelleira de Cultura engadiu que “continuaremos con máis teatro profesional e os máis pequenos teran un espazo importante este trimestre. Xa escomezamos o sábado pasado cunha actividade na biblioteca municipal e teremos teatro profesional con Sarabela e Viravolta e haberá actividades de animación á lectura na biblioteca. Coma novidade este ano as rutas de sendeirismo Os domingos a pé ábrense para toda a familia, en xuño realizaremos unha para maiores e pequenos, parécenos importante que pais e nenos poidan disfrutar dunha das rutas que recentemente divulgou o Concello de Ribadeo”.
Música
Mariluz Álvarez Lastra tamén adiantou que “no ámbito da música, o prato forte desta tempada será a presentación en abril do novo disco de Marful no Cine Teatro de Ribadeo, haberá outras citas como a actuación da formación que fixo a banda sonora dos Krevinkski o vindeiro 29 de maio. Ademáis dentro da actividade da EMMD temos o festival polo Día da Danza, os concertos polo Día das Letras ou a organización do Certame Hernán Naval e dun interesante ciclo de concertos didácticos adicados á obra de mulleres compositoras. Tamén a BMMR terá presenza neste trimestre como vén sendo habitual e teremos ocasión de escoitar a Coral Polifónica no pregón de Semana Santa”.
Exposicións
As exposicións se poderán ver neste trimestre “estarán ao cargo de dous ribadenses. A Asociación Cultural El Farero vai facer unha exposición de fotografías de Ribadeo en 3D na oficina nova de turismo na semana santa. E na oficina do parque de San Francisco Chenchu López fará unha retrospectiva de carteis ligados á Escola de Música e á Banda Municipal, á que estivo moi vinculado. A maiores a obra social de Cajastur ofrécenos unha exposición fotográfica de Javier Bauluz sobre o conflicto de Palestina, algo que nos fará reflexionar un pouco sobre este asunto”.
Ribadeo de tapeo
A concelleira de Cultura engadiu que “a actividade cultural de Ribadeo tamén está coordinada con outras citas que teremos ao longo dos vindeiros meses. A nosa aposta será importante no Ribadeo de tapeo. Haberá a proxección da película de Jorge Coira 18 comidas e tamén unha serie de monólogos arredor deste tema a cargo de Cándido Pazó”.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



