Nota de prensa
A XUNTA OFRECE 160 PRAZAS EN ALBERGUES XUVENÍS DE LUGO PARA A REALIZACIÓN DE ROTEIROS DURANTE AS FINS DE SEMANA DE ABRIL E MAIO
O programa, dirixido á mocidade, desenvólvese en centros da provincia por primeira vez e oferta actividades ás beiras do Miño e no entorno de Pambre
Lugo, 7 de abril de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar oferta 160 prazas no albergue Benigno Quiroga, en Portomarín, e no complexo xuvenil Lug II, na capital lucense, dentro da iniciativa Roteiros para a xuventude, a desenvolver durante as fins de semana de abril e maio.
O proxecto, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos e que conta con actividades en centros da provincia de Lugo por primeira vez, propón saídas de fin de semana por rutas de sendeirismo e itinerarios culturais, actividades náuticas e de multiaventura, e visitas para coñecer o noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.
Contempla dez propostas a realizar en diversos concellos das catro provincias galegas, dúas delas en Lugo: Ás beiras do pai Miño e En terras de Pambre. Esta última é precisamente a que inaugura as actividades este mes, cos primeiros grupos participantes.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, valorou este programa “que supón unha opción atraínte de ocio saudable e alternativo para a mocidade”, ao tempo que “dinamiza o turismo e, en concreto, o emprego en empresas de tempo libre e multiaventura”.
Así, destacou que “cada ano máis de mil mozos e mozas son contratados por estas empresas para traballar como monitores na Campaña de Verán da Consellería de Traballo e Benestar”, e que programas como estes Roteiros para a xuventude “así como outros que pon en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, como Xuventur Neve ou o programa de turismo rural, tamén en marcha neste momento, contribúen a desestacionalizar o emprego no sector, mantendo a actividade durante o resto do ano”.
Programa de actividades
En terras de Pambre oferta actividades de sendeirismo, escalada, tiro con arco, sendeirismo acuático, cicloruta, veladas dramatizadas e xogos de rol. Distribuídos en grupos de 20 persoas durante as próximas fins de semana -ata o 1 de maio, a excepción da Semana Santa-, os participantes terán ocasión de realizar unha ruta en bicicleta polo Pambre, con visita ao balneario e ao castelo; facer sendeirismo polas marxes do Mácara; escalada no rocódromo e tiro con arco.
Así mesmo, visitarán o Mosteiro de Vilar de Donas e realizarán rutas de orientación con GPS deportivo. Haberá tamén tempo para a observación de estrelas e de paxaros e para realizar xogos de rol cos que o grupo tomará contacto por vez primeira á súa chegada, o venres pola tarde.
Os participantes neste programa aloxaranse no complexo xuvenil LUG II, mentres que o albergue xuvenil Benigno Quiroga acollerá aos mozos e mozas inscritos no programa Ás beiras do pai Miño que se desenvolverá durante as fins de semana do mes de maio.
Oferta actividades de sendeirismo, piragüismo, rutas en bicicleta ou veladas dramatizadas, entre outras. Como é habitual, o encontro comeza con diversos xogos de rol o venres pola tarde.
O sábado pola mañá os participantes realizarán unha excursión náutica polo Miño con visita a Portomarín na zona do cemiterio vello. Pola tarde, unha excursión acuática e fotográfica, con observación de paxaros, polas marxes do río Miño e achegamento ao Mosteiro de Santa María do Loio. Complétase o programa cunha ruta en bicicleta o domingo pola mañá e o posterior xantar.
Os interesados en participar nalgún dos programas poden reservar praza chamando aos teléfonos 981.545.937/702/822, 981.541.689 ou 981.544.869. A cota de inscrición é de 60 euros para os posuidores do carné xove e de 80 euros para o resto.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



