Nota de prensa
Alejandro Gómez Alonso salientou que o Bipartito tan só avanzou nos dous treitos que se atopan actualmente en obras, o 21% do total do trazado
O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR A POSTA EN SERVIZO DA VAP DA COSTA NORTE ENTRE FERROL E BARREIROS
A proposición non de lei insta tamén á Xunta a solicitar a Fomento a licitación este ano das obras do treito entre San Cibrao e Barreiros, cuxo estudo informativo o Ministerio “garda nun caixón desde hai cinco anos”.
O obxectivo da iniciativa aprobada hoxe é conquerir que o 85% do Corredor Ferrol-Barreiros estea operativo no ano 2015.
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular destacou que “o balance de José Blanco en vías de alta capacidade na provincia de Lugo é o da parálise e os retrasos dos proxectos previstos polo Partido Popular”.
Santiago, 7 de abril de 2011.- A Comisión de Obras Públicas do Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xuta e ao Ministerio de Fomento a impulsar a posta en servizo da Vía de Alta Capacidade da Costa Norte entre Ferrol e Barreiros, de acordo cos prazos do Plan Move. Os ditos prazos establecen o ano 2011 para a Variante de Ortigueira (AC-101-Espasante); 2012 para o treito Celeiro-San Cibrao; 2013-2015 para San Sadurniño-Campo do Hospital; 2014 para Viveiro Sur-Celeiro; e os treitos Campo do Hospital-AC101, Espasante-Os Ramos, Os Ramos-Covas e Covas-Viveiro Sur entre os anos 2015 e 2017.
Na defensa da iniciativa, o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, ratificou a aposta do Goberno galego por esta vía e salientou que o Bipartito tan só avanzou nos dous treitos que se atopan actualmente en obras, o 21% do total do trazado. Así mesmo, lembrou que o proxecto actual “foi o que contou co consenso dos alcaldes do norte do litoral do noso país” que, en 2004, chegaron a un acordo co entón conselleiro de Obras Públicas, Alberto Núñez Feijóo.
“Fíxense vostedes o impulso que o Bipartito lle dou a esta VAP, que en xuño e agosto de 2008 suspenderon o contratos dos treitos que van desde San Sadurniño a Campo do Hospital, desde Campo do Hospital ata a AC-101 e desde Os Ramos a Covas”, apuntou Gómez Alonso, quen indicou tamén que o resto dos treitos “aínda se atopan en redacción de proxecto construtivo, despois de catro anos de Goberno Bipartito”.
O obxectivo da iniciativa aprobada hoxe é conquerir que o 85% do Corredor Ferrol-Barreiros estea operativo no ano 2015.
MINISTERIO DE FOMENTO
A proposición non de lei insta tamén á Xunta a solicitar a Fomento a licitación este ano das obras do treito entre San Cibrao e Barreiros, cuxo estudo informativo o Ministerio “garda nun caixón desde hai cinco anos”. O deputado contrastou esta actitude coa do Goberno galego, que, dixo, está a axilizar os trámites desta infraestrutura “para recuperar o tempo perdido durante o mandato do Bipartito.
Na súa intervención, o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular destacou que “o balance de José Blanco en vías de alta capacidade na provincia de Lugo é o da parálise e os retrasos dos proxectos previstos polo Partido Popular”. Como exemplos de retrasos, mencionou a Autovía Lugo-Santiago e a Autovía do Cantábrico; mentres que como exemplos de parlizacións ou anulacións de obras, referiuse á Autovía Lugo-Ourense e Chantada-Monforte.
Así mesmo, fixo referencia aos recortes do Ministerio en Galicia, o que derivou en que se multiplicaron “os retrasos e parálise das nosas vías de alta capacidade”. Algo que contrasta “co esforzo investidor que está a facer a Xunta de Galicia, que está a impulsar máis de 276,5 kms. de Vías de Altas Prestacións e estradas nos seus dous primeiros anos de Goberno, fronte aos 160,8 kms. que Fomento ten en obras despois de 6 anos.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



