Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE BENESTAR SOCIAL ORGANIZA VARIOS TALLERES CREATIVOS PARA NENOS A PARTIRES DE SEIS ANOS OS DÍAS 18, 19 E 20 ABRIL. O OBXECTIVO É FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR DURANTE A SEMANA SANTA.
Burela, 7 de abril de 2011. A Delegación de Benestar Social organiza varios talleres creativos para nenos a partires de 6 anos os días 18, 19 e 20 de abril co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante a semana santa.
A concelleira Neves Cando subliñou que “desde a Delegación de Benestar Social organizamos para esta semana santa unha serie de actividades lúdicas para os nosos nenos e nenas. O obxectivo é que durante a semana na que teñen vacacións escolares poidan disfrutar tamén dunha serie de talleres creativos e así permitir ás familias unha máis doada conciliación da vida laboral e familiar”.
A edil nacionalista explicou que “ofrecemos para os días 18, 19 e 20 de abril un paquete de actividades que van desde xogos de coñecemento e grupais, pasando por obradoiros de reciclaxe, abalorios, chapas e figuras con pompóns ata animacións musicais e dinámicas de grupos”.
Estes talleres desenvolveránse ao longo destas tres xornadas en horario de 10 a 14 horas nos baixos da antiga praza de abastos de Burela. Neves Cando sinalou que “están pensado para nenos e nenas a partires de 6 anos. Para poder asistir a estas actividades, que teñen as prazas limitadas para que todos poidan contar co seu propio material, as persoas interesadas deberán anotarse a partires de hoxe mesmo aquí nas oficinas da Casa do Concello de Burela”.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



