Nota de prensa
O III Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval
celebrarase en Ribadeo os días 4 e 5 de xuño
• Xa están abertas até o 21 de maio as inscricións
• Este ano engádense as especialidades de gaita e canto
• A terceira edición do certame coincide co décimo cabodano do
pasamento de Hernán Naval.
Ribadeo, abril de 2011. A Asociación Cultural Musiqueando, en colaboración coa
Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, coa Vicepresidencia Primeira-
Cultura da Deputación Provincial de Lugo, coa Asoc. Amadores da Música e máis coa
Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, pon en marcha a III edición
do Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval. Este evento celebrarase os vindeiros
días 4 e 5 de xuño de 2011.
Ao igual cá nas edicións anteriores estabelécense dúas categorías de participación:
estudantes que cursen ou xa rematasen grao profesional así como estudantes que
cursen ou xa rematasen grao superior. As persoas que decidan participar deben ter
nacido entre os anos 1986 e 1999.
As especialidades instrumentais nas que se pode concorrer son: vento-madeira (oboe,
clarinete, saxofón, frauta e fagote), vento-metal (trompeta, trombón, trompa,
fliscorno, bombardino ou tuba), corda (violoncello, violín, viola, contrabaixo ou
guitarra), teclados (piano, órgano ou acordeón), percusión e as dúas novidades deste
ano, as especialidades de canto e máis gaita. Suso López, membro de Musiqueando
sinalou que a inclusión destas dúas modalidades, novidade nesta edición, faise porque
son “especialidades con alta demanda nestes momentos nos centros de ensino musical
de Galicia co cal abrimos máis o espectro de participación”.
As bases do certame permiten un máximo de dez participantes en cada unha das dúas
modalidades, profesional e superior, que serán aceptados seguindo a orde de
inscrición, cuxo prazo remata o vindeiro 21 de maio.
Neste III Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval repartiranse 1500 euros en
premios. Na categoría profesional estabelécense un primeiro premio de 400 euros e
un segundo de 200; no caso da categoría superior haberá un primeiro premio de 600
euros e un segundo de 300.
O día 4 de xuño celebrarase a fase preliminar e o día 5 a fase final.
Suso López amosou a súa “gratitude con todas aquelas persoas e institucións que fan
posíbel que o Certame Hernán Naval, na súa terceira edición, se vaia consolidando
como un espazo musical de referencia non só na Mariña, tamén en Galicia enteira”.
“Para nós este é un ano moi especial pois coincide a celebración do certame co décimo
cabodano do pasamento de Hernán. Gustaríanos que durante todo o ano, non só no
mes de maio cando se cumpre a data exacta na que finou, o espírito, o nome, o
discurso e máis a filosofía de Hernán estivese ben presente”, sinalou Suso López. Por
elo a Asociación Cultural Musiqueando quere facer un esforzo de difusión do Certame
co obxectivo de espallar o nome de Hernán por Galicia enteira e máis no Occidente de
Asturias e deste xeito facer de Ribadeo un escaparate para mozas e mozos que queren
dar a coñecer o seu quefacer no eido musical.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



