Nota de prensa
A Deputación recupera oficialmente TOR e salda odas as débedas herdadas dos anteriores patronos
– Segundo o informe realizado, o valor da liquidación supera os 2,4 millóns de euros, dos que 2,3 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte que retornan ó organismo provincial e, o resto, ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitiva
– Gómez Besteiro presidiu a derradeira reunión do Padroado que supón o último paso para poder extinguir definitivamente esta entidade, a pesar de que unha vez máis non asistiu o Conselleiro de Medio Rural
– Co acordo o organismo provincial pon fin ó despilfarro protagonizado polos anteriores Patróns e “hoxe a Fundación non ten débedas. Está todo ó día”
– Liquidada a Fundación, a Deputación desenvolverá o plan de viabilidade deseñado no seu momento para o Centro de TOR “para conseguir un mellor aproveitamento desta finca que é patrimonio de todos”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este martes a derradeira reunión do Padroado da Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia na que se aprobou a liquidación económica desta entidade, que lle permite ó organismo provincial extinguir definitivamente esta Fundación e recuperar oficialmente a titularidade de TOR. Neste senso, tal e como subliñou Besteiro, as 200 hectáreas nas que se sitúa o Centro que ocupa unha superficie de máis de 200 metros cadrados pasan a ser do organismo provincial.
Deste xeito, segundo o informe realizado, o valor da liquidación cífrase en 2.411.762 euros, dos que 2.343.925 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte de TOR. O resto, 71.500 euros, corresponden ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitiva, que incluíu a extinción dos contratos dos 4 traballadores, que prestaban o seu servizo no Centro. A decisión, adoptada por ambas as dúas administracións, foilles comunicada por escrito ós traballadores o día 1 de abril. Neste senso, o titular provincial subliñou que “é unha boa noticia pola cal comezamos a traballar dende hai dous anos para restituir a propiedade de TOR a quen é o seu verdadeiro e único propietario que é a provincia de Lugo, a través da Deputación. Por tanto, a partir de agora se fará a escritura pública para regularizar os asentos rexistrais para que todo figure a nome do organismo provincial, de onde nunca debeu sair. Por tanto, c´est fini á Fundación TOR. A partir de aquí traballaremos para poñer en valor algo que é patrimonio de todos. Foi unha boa xestión”.
“Hoxe TOR non ten débedas”
Co acordo, co que o organismo provincial pon fin ó despilfarro protagonizado polos anteriores Patronos, de tal xeito que “hoxe TOR non ten débedas. É máis, dende que asumimos a Presidencia do Padroado, non pagamos nin unha soa dieta, quilometraxes, comida nin cafés. Ademais, pagamos todo o que se lle debía ós proveedores da zona, uns 72.000 euros. É dicir, todo está ó día”.
O pasado 15 de febreiro os dous membros do Protectorado, Deputación e Xunta de Galicia, iniciaron o proceso de liquidación para dar de baixa esta entidade no Rexistro de Fundacións. Cumprindo co regulamento de Fundacións de Interese Galego, a Deputación trasladou de xeito inmediato este acordo á administración autonómica para que tamén fose ratificado pola Consellería de Medio Rural. O 8 de marzo a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia esta ratificación, o que permitiu convocar hoxe a última e sexta reunión, que supón o último paso que quedaba para extinguir definitivamente TOR. Nesta ocasión tampouco se contou coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, de tal xeito que a do 30 de abril de 2010, foi a única vez que o responsable autonómico participou nunha xuntanza dende que o novo Padroado tomou posesión. Quenes sí participaron foron, ademais do Presidente, o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, os Deputados de Urbanismo e Gandeiría, Miguel Ángel Sotuela e José María Arias, o Secretario da Fundación, José Mourelle Cillero, e o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, Ramón Carballo.
Liquidada a Fundación, o Presidente explicou que se poderá comezar a desenvolver o plan de viabilidade que o organismo provincial deseñou no seu momento para o Centro Cinexético e Piscícola de Galicia e para conseguir un mellor aproveitamento desta finca. Neste senso, unha das actuacións máis inmediatas que se levarán a cabo será a reforestación dos terreos.
Historia da Fundación
A Deputación, gobernada polo Partido Popular, creou en 2003 esta Fundación, que estaba constituída pola Consellería de Medio Ambiente, dirixida naquel momento por José Manuel Barreiro. Supostamente, tiña como obxectivo a protección da fauna e da flora e a potenciación do medio ambiente, pero dende a chegada do actual equipo de goberno, detectouse que non só nunca cumpriu estas funcións, senón que os anteriores patronos cometeron numerosas irregularidades que foron denunciadas perante a Xustiza, e que están pendentes de estar resoltas polo Xulgado Número 2 de Lugo. Foi o caso da desaparición de fondos sen xustificar, do inicio de embargo e da tala masiva levada a cabo no pinar e no bosque. Segundo un informe pericial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Galicia os danos e prexuízos ocasionados pola tala masiva, que se levou a cabo na finca, suman 1.058.000 euros e tardarían máis de dúas décadas en rexenerarse.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



