Nota de prensa
REMATAN AS OBRAS NAS ESCOLAS DE CELEIRO DE MARIÑAOS, QUE SE ABREN DE NOVO AO PÚBLICO ESTE DOMINGO NUN ACTO CON TODOS OS VECIÑOS
Os traballos de reforma supuxeron un investimento de 45.000 euros e consistiron na transformación das dúas aulas do edificio nunha sala multifuncional de 100 metros
cadrados para expsicións, actuacións musicais, obras de teatro e reunións veciñais
A asociación veciñal e cultural ‘Irmandade San Caetano’ celebra o final das obras cun programa de actividades durante todo o mes de maio que inclúe exposicións, música e teatro
Celeiro de Mariñaos, 29 de abril.
Veciños e veciñas da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebran este domingo o remate das obras realizadas nas antigas escolas da localidade cunha serie de actos que se desenvolverán a partir das 7 da tarde.
Os traballos, que foron promovidos pola Asociación Veciñal e Cultural ‘Irmandade San Caetano’, consistiron na reforma do vello edificio e na transformación das dúas aulas coas que contaba nunha ampla sala multifuncional de 100 metros cadrados onde se poderán facer exposicións, actuacións musicais, obras de teatro e reunións veciñais. As obras, que veñen de rematar, supuxeron un investimento de 45.000 euros, que foron aportados pola área de Cultura da Deputación.
Para celebrar o remate dos traballos, a asociación Irmandade San Caetano preparou un completo programa de actividades para todo o mes de maio que inclúe unha exposición, música e teatro. Segundo explica Xabier López, presidente da asociación, “queremos dotar de actividade un espazo que agora está acondicionado para acoller calquera tipo de evento”.
As escolas de Celeiro de Mariñaos, inauguradas en 1962, levaban varios anos sen ser usadas como centro de ensino e con esta remodelación perseguíuse acondicionalas para un uso socio-cultural. As obras consistiron en derrubar o tabique que separaba as dúas aulas das que constaba o edificio para lograr un espazo de maior tamaño, e incluíron ademais a renovación da instalación eléctrica, a construción de baños adaptados para minusválidos e a substitución das ventás.
MAIO CULTURAL
Os actos programados para este mes de maio pola asociación veciñal e cultural ‘Irmandade San Caetano’ arrincan este domingo a partir das 7 da tarde coa apertura dunha exposición que, baixo o título As nosas primeiras letras, reunirá fotografías e recordos escolares das distintas xeracións de alumnos que foron pasando por esta escola dende a súa apertura o 18 de outubro de 1962.
A continuación, os músicos Mini e Mero, fundadores do mítico grupo Fuxan os Ventos e representantes da canción galega reivindicativa, darán un concerto para todos os veciños e veciñas. A xornada rematará cunha merenda para celebrar o remate das obras de arranxo da escola.
O programa de actos continuará o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, coa representación da obra de teatro Farsa á escocesa e matrimonio século XXI, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte.


















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



