Nota de prensa
O 65,28% DOS VOTOS DAN AMPLA MAIORÍA A CCOO ENTRE OPERSOAL LABORAL DOS CENTROS DO ENSINO PÚBLICO DA MARIÑA
CCOO con esta porcentaxe supera o triplo da suma do acadado polas tres centraissindicais restantes que concorrían aos comicios do pasado xoves.Viveiro, 1 de abril de 2011CCOO acada o 65.28% , CIG o 19,44%, CSIF, o 8,33% e UGT o 5,56% do total de votosemetidos polo persoal de comedores escoalres, persoal de limpeza, coidadores ecoidadores que foron chamados a participar co seu voto para elexir aos seusrepresentantes sindicais no Comité de Empresa da nosa provincia.CCOO-ENSINO quere agradecer a participación que calificamos de “masiva” (o 75%), aabsoluta normalidade coa que se desenvolveu a xornada de votacións e a gran confianzaque depositaron nesta central sindical, volvendo, así a rivalidar a maioría e contiuandocoa presidencia do Comité de Empresa.A negociación dun novo decreto de listas de contratación, a potenciación da formaciónespecífica dentro do horario laboral, instar á Administración ao cumprimento dos acordosacadados en materia de retribucións, son algunhas das propostas que figuran noprograma electoral de CCOO-ENSINO para os vindeiros catro anos. Propostas que nonfiguran “por aparentar” como así o manifestaron outras centrais sindicais. Queremosmanifestar que CCOO non traballa por apariencias, traballou, traballa e traballará poracadar as condicións de traballo dignas que todos os traballadores se merecen, testimuñadiso son a confianza que depositaron en nós . Así, contando coa participación e aspropostas de todos os delegados e delegadas que figuran nas nosas listas, coa nosaafiliación e cos vosos votos comprometémonos a loitar por acadar todas aquelasreivindicacións que manifestamos nos nosos programas. Con todos e todas e para todose todas.CCOO-ENSINO de A Mariña






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



