Nota de prensa
O alcalde de Foz quere apuntarse á austeridade que esixe o goberno popular da Xunta logo dunha lexislatura con 33 millóns de malgasto
Foz, 31/03/2011.- Os populares focegos sorpréndense de que o alcalde presuma de contas e se anote á mensaxe da austeridade promovida polo Goberno da Xunta do Sr Feijoó, a dous meses de rematar a lexislatura, cando se malgastaron máis de 33 millóns de euros. Rivera recibiu 24 millóns de euros dos presupostos destes últimos anos, máis case 6 millóns de euros procedentesdo excedente por licenzas do ‘boom’ na construción. Se a iso lle sumamos os máis de 2 millóns de € procedentes dos investimentos propios do Plan E e outro millón de euros máis que lle ‘regalou’ a Deputación hai uns meses, estamos a falar de 5.500 millóns das antigas pesetas que non foronsuficientes para realizar proxectos que prometeu o goberno socialista e incumpriu sistematicamente, tales como a construción dunha residencia para anciáns, centro para discapacitados, auditorio municipal, pistas de atletismo no campo municipal e un aparcadoiro público subterráneo, entre outros. E non só iso. Nunha actitude que denota unha marcada irresponsabilidade coas arcas públicas, o alcalde de Foz pide un crédito doutros 700.000 € para pagar a provedores, e incluso se ve na obriga de aprobar neste último pleno a consignación de preto de 300.000 € dos presupostos deste ano para pagar facturas da anterior lexislatura.O Sr. Rivera desoíu a opinión dos técnicos municipais, que lle recomendaban unha maior previsión nas contas e, aínda por riba, quere facer agora responsable á oposición do malgasto permanente do goberno socialista á fronte do Concello. Os populares focegos cremos que este tipo de conduta imprudente amosa un claro interese do alcalde e do seu goberno por ocultar un preocupante abandono na xestión e evidencia que o Sr. Rivera quere mirar para outro lado á hora de facer fronte ás débedas que adquiriu o municipio debido á súa mal entendida ‘política de austeridade’.Os populares focegos preguntámoslle a Rivera se algún deses eses 33 millóns de euros de gasto na lexislatura se destinou á realización dos proxectos que o goberno socialistaincumpriu, como os anteriormente citados construción do Auditorio, pistas de atletismo no campo municipal, aparcadoiro público subterráneo, residencia para anciáns ou o centro comarcal para discapacitados. Promesas que aínda se poden ver hoxe no seu programa electoral para a lexislatura pero que, como é evidente, non están realizados.A austeridade de Rivera é a mesma que a do seu compañeiro de partido Besteiro, que están a deixaras arcas públicas das administracións que gobernan cheas de débedas, sabendo que eles non asvan ter que defender, a austeridade pregoada por Rivera quédase na propaganda en palabras e carteis, tratando de enganar aos cidadáns con declaracións que non se axustan aos feitos, propia dos gobernos socialistas coma o do bipartito galego e o do mesmo Zapatero, que están a dar un pésimo exemplo de como se xestiona a economía de todos veciños

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



