Nota de prensa
As actividades terán lugar nunha carpa instalada no bulevar arborado da nova praza pública dos Campos en San Ciprián
CERVO CELEBRA O DÍA DO XUBILADO COA PARTICIPACIÓN DE 650 VECIÑOS
O domingo 1 de maio terá lugar ás 12.30 horas a sesión vermú, un xantar de confraternidade e a entrega de premios e sorteos
A edil de Benestar, Pilar Armada, agradece a implicación do persoal do concello que fará posible que esta actividade sexa todo un éxito, ademais da colaboración das empresas que cederon os premios dos sorteos
Cervo, 29 de abril de 2011.- O domingo 1 de maio como vén sendo habitual o Concello de Cervo celebrará o Día do Xubilado. O departamento municipal de Benestar organizou un variado programa de actividades que inclúe unha sesión vermú, desde as 12.30 horas, coa orquestra Los Player´s e, a partir das 14.30 horas, unha multitudinaria comida de confraternidade na que se fará entrega dos premios dos diversos campionatos organizados co gallo deste día festivo así como terán lugar tamén varios sorteos.
Segundo explicou a edil de Benestar, Pilar Armada, está prevista a participación de preto de 650 xubilados procedentes de todo o termo municipal para cuxo desprazamento o Concello de Cervo habilitou unha liña de transporte gratuíto. Este ano a novidade principal radica no lugar no que terán lugar os distintos eventos xa que os xubilados cervenses estrearán a nova praza dos Campos. O Concello instalou para este efecto unha carpa no bulevar arborado da nova praza pública.
ENTREGA DE PREMIOS.
Nesta ocasión os premiados no campionato tute son:
Primeiro clasificado: Josefa Núñez e Ángeles Bermúdez.
Segundo clasificado: Adelina Fernández e Lidia Pernas.
Os que recibirán o seu premio no campionato de parchís son:
Primeiro clasificado: Josefa Núñez e Ángeles Bermúdez
Segundo clasificado: Berta Pérez e Clara Rey
Terceiro clasificado: Villa Gallego e Pilar Gallego.
Cuarto clasificado: Elena Fernández e Mari Carmen Ramos
EXCURSIÓNS
O Departamento de servizos sociais aproveitará o Dia do Xubilado para distribuír información respecto das excursións que ten previsto desenvolver o concello no mes de xuño, unha delas a Santiago de Compostela para visitar a Catedral e o Parlamento de Galicia e outra á Semana Verde de Silleda.
AGRADECEMENTOS
Pilar Armada quixo agradecer e facer unha mención expresa ás empresas que cederon os premios dos sorteos que se desenvolverán ao longo do día: Cerámica de Sargadelos, Cerámica Gundín, Autos Rodríguez e Cesáreo Eijo. Pero tamén tivo un agradecemento moi especial dirixido a todo o persoal municipal que colaborará co seu traballo para facer posible esta actividade: auxiliares de axuda a domicilio, traballadores de Protección Civil, da Policía Local, o encargado xeral e o persoal que na actualidade desempeña o seu traballo na área de Servizos Sociais: Reyes, Sandra, Mali, Bibiana, Elísabet e as integrantes da Secretaría de Alcaldía.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



