Nota de prensa:
O 90% da provincia de Lugo contará dende mañá con cobertura contraincendios
– A partires das 9:00 horas deste domingo e durante as 24 horas dos 365 días ó ano, estarán en servizo os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Sarria e Chantada
– 104 profesionais atenderán alertas do 112 por incendios, inundacións, accidentes de tráfico, rescates, salvamento ou actividades de prevención nos concellos lugueses
Ás 9:00 horas deste domingo poranse en marcha os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro, Viveiro, Sarria e Chantada. A esa hora os xefes de servizo das instalacións chamarán ó teléfono de emerxencia 112 para comunicar oficialmente que, dende entón e durante as 24 horas dos 365 días ó ano, estarán en alerta ante calquera incidencia que aconteza nos Concellos lugueses. Isto supón que o 90% dos veciños lucenses contarán con servizo contraincendios, uníndose así Lugo ó resto das provincias galegas, que xa contaban con este servizo. Deputación e Xunta financian a partes iguais o actual Consorcio e valoran o día de mañá como “o fin dunha das débedas históricas da provincia de Lugo”.
Saldar esta débeda histórica é froito da creación do Consorcio Provincial de Bombeiros que arrincou en 2008. Deputación e Xunta de Galicia asinaron un convenio que establecía que a Xunta construiría os parques mentres que o organismo provincial se encargaría da adquisición do seu equipamento. O traballo levado a cabo polo Consorcio nos últimos 3 anos permite que este domingo cinco novos parques de bombeiros, totalmente equipados, abran as súas portas. Contarán con máis dun centenar de bombeiros distribuídos nos parques de Viveiro, Vilalba e Barreiros, Sarria e Chantada. Estes profesionais atenderán as alertas do 112 por incendios, inundacións, accidentes de tráfico, rescates, salvamento, actividades de prevención, etc.
Disporán de 20 vehículos, 4 por cada instalación: mando todo terreo, mixto de rescate e extinción, urbano lixeiro e bomba nodriza. O interior dos parques tamén conta co equipamento necesario (material informático, mobiliario de oficinas, ferramentas, traxes de protección…). Nos casos das instalacións de Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria foi o Consorcio quen, recentemente, adicou 778.698 euros para a compra deste material. Barreiros xa contaba con el dende 2009, data na que a Deputación adiantou 1,3 millóns de euros para executar as obras de abastecemento de auga, subministro eléctrico, ademais das de acceso e peche da parcela.
Novo reto: o 100% da cobertura
Ditos medios persoais e materiais permitirán que os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro den cobertura a 25 Concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade, e Xove. Na zona sur, os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos prestarán servizo a outros 25: Antas e Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela. Isto supón, unha cobertura contraincendios directa no 90% da provincia lucense.
O ámbito territorial adscrito a cada un destes parques terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario fóra dos límites do mesmo: a nivel comarcal, provincial, ou mesmo autonómico.
O reto da Deputación, tal e como afirmou publicamente en varias ocasións o Presidente do Consorcio e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, é acadar o 100% da cobertura contraincedios na provincia. Besteiro reiterou que a Deputación está disposta a aportar a metade do investimento necesario, é dicir, a asumir o 50% dos gastos ó igual que ata o de agora co Consorcio Provincial de Bombeiros.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



