Nota de prensa
ALFONSO FUENTE REMITÍULLE AO DEPARTAMENTO DE VÍAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN A FOTO DUN CARTEL QUE APARECEU COLOCADO NUNHA ESTRADA DE TITULARIDADE PROVINCIAL. NESE CARTEL RECLÁMASE O PINTADO DUN PASO DE PEÓNS E QUE SE TAPE UN FURADO.
Barreiros, 18 de abril de 2011. O alcalde, Alfonso Fuente, remitíulle ao departamento de Vías e Obras da Deputación a foto dun cartel que apareceu colocado nunha estrada da titularidade provincial nas proximidades da praia de Fontela-Valea. Nese cartel reclámase o pintado dun paso de peóns e que se tape un furado.
O rexedor explicou que “na tarde de onte desprazándome pola estrada das praias atopabamos este cartel colocado nun vial de titularidade provincial e entón o que fixemos hoxe mesmo foi dar conta á Deputación para que realice os trámites que considere oportunos”.
Fuente Parga dixo que “neste cartel pídese que se pinte un paso de peóns e que se tape un furado que hai na estrada. Para que quede claro de quen é a titularidade da mesma temos que decir que é da Deputación e nos o que fixemos, no noso ánimo de colaboración entre administracións, foi sacar unha foto e dar conta ao departamento de Vías e Obras do ente provincial”.



















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



