Nota de orensa
O BNG de Xove presenta este venres a súa candidatura
O Bloque Nacionalista Galego organiza para mañá, venres 15 de abril ás 20:30 horas, un acto público no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove onde presentarán de xeito oficial a candidatura completa para as eleccións municipais. Está prevista a presenza, ademais do cabeza de lista Marco López, do ex conselleiro de Industria Fernando Blanco e mais do delegado de cultura e deportes da Deputación Antonio Veiga. Tamén intervirá no acto de presentación o número dous da candidatura, o profesor de ensino secundario Xosé López Hermida.
A finalidade do acto é dar a coñecer a lista electoral do BNG, formada por quince persoas (once candidatos principais e catro suplentes). Marco López declarou que será unha candidatura moi renovada que “combina iniciativa política e capacidade de xestión”. O cabeza de lista tamén lle quixo trasladar á cidadanía o “compromiso do Bloque con Xove”, tendo en conta que o grupo municipal nacionalista é o máis dinámico e creativo da política municipal ao “intentar conectar sempre coas necesidades da xente e primar os beneficios dos cidadáns antes que os partidarios”.