Nota de prensa
BURELA CONTARÁ CON CINCO MONOLITOS DE SINALIZACIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS DO CONCELLO.
Burela, 14 de Abril de 2011. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo de Burela, José González Legazpi, ven de informar que Burela contará con cinco monolitos de sinalización de planta e recursos turísticos.
O edil nacionalista destaca que “o concello de Burela disporá nos vindeiros días de cinco monolitos con información dos nosos recursos turísticos, con fondos coincidentes coa imaxe de marca de Burela. Estarán situados en distintas zonas do concello facilitando así a información turística máis transcendente a todas as persoas e primordialmente aos visitantes que se acheguen a coñecer e disfrutar dos recursos da nosa localidade.”
O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, engade que “estes sinalizadores de planta e recursos turísticos representan unha nova e interesante iniciativa que se complementa coa incorporación á plataforma de Cidades Dixitais, e que xunto con outras moitas iniciativas desenvolvidas nestes últimos anos son a consecuencia de que a nosa localidade tivera condicións de crecemento e valorizaran no ámbito turístico e por tanto se posibilitaran fortalezas para os sectores económicos nuns momentos de dificultade, promovéndose ao mesmo tempo posicionamentos de máxima calidade como destino turístico para Burela”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



