A peña barcelonista San Miguel convida a todo-los simpatizantes barcelonistas, para presenciar con eles os partidos da máxima rivalidade.
Dende esta peña, animan ós barcelonistas da zona a unirse a eles para ver por tv os próximos partido, onde se decidirá en gran medida os títulos desta temporada.
Empezamos este sábado ás 22.00 h. co partido de liga R. Madrid – Barça. Sin tempo para dixerir o resultado, o mércores 20 teremos a gran final da Copa do Rei e posteriormente, as semifinais da liga de campeóns. Todos estes partidos entre os eternos rivais.
A peña xuntarase como é habitual nos últimos tempos, no restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia, e alí todos xuntos, tentaran transmitir o seu apoio ó Barça.
Nesta peña ninguén é forasteiro, así que calquer aficionado que se queira achegar, para disfrutar do mellor ambiente barcelonista, pode facelo e será ben acollido polos socios da peña.
Comentar asimesmo, que a peña terá unha representación de 4 socios na final de Valencia, para o cal foi necesario facer un sorteo entre os propios socios da peña.
Para calquer consulta, a peña dispón dun teléfono – 625 82 10 44.
Como di o himno do Barça “Tots units fem força”.