Nota de prensa
Deputación e Concello evitan o peche da única residencia en Foz investindo 40.000 euros
– A petición do Alcalde, o Presidente anuncia unha axuda para reducir a débeda do Asilo Virxe do Carme, garantindo a permanencia dos seus 33 residentes e 10 postos de traballo
– Rivera solicitou colaboración a Besteiro logo de que a Xunta denegase 10 prazas concertadas obrigando ó peche do centro, ó traslado dos doentes e á perda de emprego
– A Deputación avanza no proxecto da residencia en Foz que paralizou o Goberno galego malia comprometerse con esta iniciativa, e contar cos terreos para a súa execución
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Foz, José María García Rivera, mantiveron un encontro este mércores cos membros do Padroado da Fundación do Asilo Virxe do Carme de dito Concello, na que abordaron a difícil situación económica que está a sufrir a única residencia existente en Foz. A cita, que tivo lugar na propio inmoble, prodúcese logo do compromiso do Rexedor de buscar solucións para manter aberto este centro, evitar o traslado dos seus residentes, así como a perda dos postos de traballo que xera no municipio.
A ONG “Mensajeros de la Paz” é a encargada da xestión do asilo. O colectivo benéfico sostenta esta instalación mediante unha achega anual de 20.000 euros por parte do Padroado, e a través das pensións que reciben -non en todos os casos- os seus residentes. Na súa maioría, estas oscilan entre os 200 e 450 euros. Ante a falta de recursos, os seus xestores solicitaron á Xunta -administración con plenas competencias na materia- 10 prazas concertadas para dependentes. O Goberno galego, a través da Consellería de Benestar Social, denegou esta petición.
Segundo informou “Mensajeros de la Paz”, a negativa do Executivo autonómico obriga ó peche desta instalación xa que o seu déficit supera os 51.400 euros ata xuño. Isto suporía, a perda de 10 postos de traballo no municipio –asistentes sociais, administrativos, persoal de cociña, limpeza…-, así como o obrigado abandono de Foz, ó ser o único asilo deste Concello, dos seus 33 residentes. A situación agrávase tendo en conta a situación do 75% dos casos, é dicir de 25 persoas: 8 son menores de 65 anos, 4 non cobran pensión algunha, e 13 reciben as pensións mínimas con contributivas. Isto complica as súas posibilidades de entrar nunha residencia pública. Para elo, necesitarían axudas económicas nalgúns casos, e noutros ser considerados dependentes.
Rescate da Deputación e Concello
Ante esta situación, García Rivera pediu colaboración a Gómez Besteiro quen anunciou que o organismo provincial achegará ó Concello focense unha subvención de 35.000 euros que contribuirá a permanencia do asilo ó reducir a súa débeda. A maiores, dentro do Plan de Comunidades Veciñais para 2011 da Deputación, acordouse unha axuda de 5.000 euros que permitirá mellorar o inmoble en beneficio do benestar dos residentes.
O titular provincial salientou que “esta axuda xustifica unha necesidade en incremento: os maiores que necesitan acollida na provincia son cada vez máis. Non debemos facer macroresidencias como antes. Cómpre un centro da 3º idade en todos os Concellos para manter os nosos maiores nos seus lugar de orixe, e os novos ofrecéndolles novas oportunidades económicas. Este é o modelo que temos que atender. A Xunta, administración responsable, ten que crear máis prazas de residencia. Todas as administracións deben involucrarse neste proxecto”. O Alcalde destacou que “non se pode xogar coas necesidades dos nosos veciños. Hai que atender os que teñen e os que non teñen. A Xunta, non entendemos porque, non concedeu 10 prazas concertadas a esta emblemática residencia. Por iso, solicitamos axuda á Deputación quen fai posible, con esta achega, que o asilo segue activo. Ademais, contribúe á continuidade de 10 postos de traballo”.
Pola súa banda, o Presidente do Padroado e Bicario do Obispado de Mondoñedo-Ferrol, Antonio Rodríguez, incidiu no “esforzo do Alcalde que amosa o seu interese por este centro”. Non é a primeira vez que o asilo de Foz se atopa nesta situación, e que o Concello impide o seu peche. A proposta do Rexedor, o municipio focense aprobou nun Pleno Extraordinario celebrado en 2009 unha axuda de 30.000 euros. A maiores, como membro do Padroado, outorga anualmente financiamento. Nos últimos 3 anos cedéronse 60.000 euros a partes iguais entres os membros do Padroado. Antonio Rodríguez destacou a colaboración de Deputación e Concello de Foz sentenciando que “sen a súa axuda o noso traballo sería imposible. Foz segue a contar coa actividade desta asociación benéfica”.
Os restantes membros do Padroado que asistiron o encontro foron: o cura párroco de Burela, Ramón Marful; o cura párroco de Foz, Antonio Domínguez; o Arcipreste de Mondoñedo, Fernando Monterroso; e José Ramón García, veciño de Foz.
Residencia de Foz
Máis do 40% dos 10.000 habitantes de Foz son maiores de 65 anos. Ante a necesidade dun centro para maiores neste municipio, e a proposta do Alcalde, a anterior Xunta comprometérase a execución deste proxecto. Para elo, o municipio cedeu xa en 2009 os terreos necesarios para a súa localización precisamente, a carón do Asilo Virxe do Carme co obxectivo de aproveitar estas instalacións. O Goberno galego actual ten paralizada esta iniciativa. É por elo, que mediante o Plan Complementario de Obra Pública da Deputación, o Rexedor acordou co organismo provincial que unha das 8 actuacións para o municipio focense fose a redacción deste proxecto mediante unha achega da institución provincial de 33.600 euros. Gómez Besteiro avanzou que a Deputación está a tramitar esta iniciativa.
Historia do Asilo
En 1931 veciños de Foz colaboraron na construción do Asilo Virxe do Carme que se inaugurou dous anos máis tarde, en 1933. As obras tiveron un custe de 375.000 pesetas. Esta instalación é exemplo do esforzo dos veciños da zona que, en 1962, logo dunha recolecta de diñeiro, puideron instalar calefacción no edificio. Dende entón, acolleu a máis de 800 persoas. Sempre tivo unha vinculación benéfica. Os seus xestores foron durante 63 anos as “Hermanitas de los Ancianos Desamparados”. En 2001, pasou a mans de monxas de Guatemala. Non foi ata 2003, cando “Mensajeros de la Paz” se fixo coa súa xestión.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



