Nota de prensa
Defendida por Emma Álvarez Chao, insta á Xunta a adoptar unha serie de medidas respectando o valor patrimonial e medioambiental do cabalo galego
O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA DO GRUPO POPULAR DESTINADA A PROTEXER OS INTERESES DOS PROPIETARIOS AGRARIOS FRONTE AOS DANOS OCASIONADOS POLO GANDO SOLTO
A deputada popular salientou que que é un problema “habitual en todas as comarcas de Galicia” a presenza de reses mostrencas, particularmente cabalos, que pastan en liberdade ou semiliberdade nos terreos forestais “e sen ningunha marcaxe que os identifique a pesar de ser obrigatorio dende a publicación da orde do 29 de marzo de 2010”.
Álvarez Chao lembrou que a Consellería de Medio Rural está a incentivar, por segundo ano consecutivo, unha liña de axudas á identificación de gando equino dos montes galegos, incidindo na obriga de que todos estean identificados.
Santiago, 20 de abril de 2011.- A Comisión de Agricultura do Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular destinada a protexer os intereses dos propietarios agrarios fronte aos danos ocasionados polo gando solto. Defendida por Emma Álvarez Chao, a proposición non de lei, en cuxa votación se abstiveron os grupos da oposición, insta á Xunta a adoptar unha serie de medidas respectando o valor patrimonial e medioambiental do cabalo galego.
Así, a iniciativa aprobada insta á Xunta a propiciar os cambios legais necesarios que permitan aos concellos o sacrificio inmediato, en matadoiros autorizados, das reses sen identificar que invaden propiedades privadas. Igualmente, insta ao goberno galego a promover cercados gandeiros para controlar a vexetación e garantir que o gando non invada zonas onde é prexudicial a súa presencia e instrumentar procedementos de defensa eficaz dos propietarios ante a presencia de gando sen autorización en terreos privados.
A iniciativa demanda tamén colaboración da Xunta cos concellos que así o soliciten para facilitarlles asistencia técnica no seu labor de control das reses mostrencas e a creación dun rexistro de terreos de pastoreo regulado. Por último, pide que se obrigue aos donos de gando en cercados, cando os propietarios dos terreos o esixan, á realización dunha marcaxe visible, ademais do microchip obrigatorio.
PROBLEMA HABITUAL EN TODAS AS COMARCAS
A deputada popular salientou que que é un problema “habitual en todas as comarcas de Galicia” a presenza de reses mostrencas, particularmente cabalos, que pastan en liberdade ou semiliberdade nos terreos forestais “e sen ningunha marcaxe que os identifique a pesar de ser obrigatorio dende a publicación da orde do 29 de marzo de 2010”. Unha realidade que levou ao Grupo Popular a presentar, xa en outubro pasado, unha iniciativa “que trataba de buscar puntos de encontro para poñer o inicio e solucionar esta problemática”. A aprobada hoxe “vai máis aló, querendo dar cobertura legal áxil á problemática que se atopan os concellos que requisan reses mostrencas”.
Doutra banda, Álvarez Chao lembrou que a Consellería de Medio Rural está a incentivar, por segundo ano consecutivo, unha liña de axudas á identificación de gando equino dos montes galegos, incidindo na obriga de que todos estean identificados.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



