Nota de prensa:
No Pleno celebrado o pasado xoves en Foz pola Corporación Municipal, tomáronse os seguintes acordos:
1º.- Moción do BNG en defensa das persoas afectadas polas hipotecas. Unanimidade.
2º.- Adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración nas Entidades Locais e na Comunidade Autónoma de Galicia. Unanimidade.
3º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos. Este punto saíu aprobado cós votos do P.S. de G.-PSOE e a abstención do Partido Popular, votando en contra o BNG.
O Alcalde manifestou que se pode pensar que este Concello está a gastar máis do debido, pero este Alcalde pode asegurar que os gastos que se realizan no Concello de Foz son axustados á realidade, e que esta Administración Local remata a lexislatura cós deberes feitos e non deixando ata a data de hoxe, que se sepa, facturas que non teñan acomodo presupostario, é decir o gasto realizado polo Concello coa aprobación do extraxudicial no Pleno do pasado xoves, está todo ao día e recoñecido contablemente.
4º.- Moción do P.P. sobre a reclamación de máis medios para paliar os incrementos dos actos delictuosos na Mariña Lucense. Esta moción foi aprobada por unanimidade.
5º.- Moción do P.P. sobre apoio á retirada da suspensión cautelar da Lei 20/2010, de racionalización do gasto farmacéutico. Tanto o P.P. como o B.N.G. apoiaron esta moción, polo que a mesma saíu para adiante.
Os Socialistas votaron en contra desta moción, porque según o Alcalde a nosa maneira de ser non nos permite apoiar que se faiga un catálogo de medicamentos a excluir das recetas que normalmente se viñan facendo, debido a que a sanidade é un dereito universal neste país, e nós non podemos permitir que o que non se fai en ningunha Comunidade de España se faiga na Comunidade Galega, non estamos en contra dos xenéricos, pero si estamos en contra de que a Xunta do P.P. sen contar có Ministerio de Sanidade, aprobe unhas directrices que nada teñen que ver có que queren os cidadáns da nosa Comunidade.
O P.P. fixo unha pregunta ao Alcalde, por qué estaban traballadores de Lugo Emprega, limpando baldosas, que eso era denigrante e parecía que estaban castigados.
O Alcalde respostou que entendía que estarían facendo un traballo que os responsables da brigada de obras mandarían realizar, e que neste Concello non se castiga a ninguén, e o que sí somos é inmensamente solidarios, debido a que o Concello de Lourenzá, non aceptou a veciños de ese municipio para traballar e o noso Concello aceptou darlle traballo a catro desas persoas, entendendo que có traballo hoxe en día non se debe de xogar.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



