Nota de prensa:
O noso xeito de traballar por Ribadeo
CULTURA E EDUCACIÓN
Programación cultural estable na zona rural e urbana (música, teatro, cine, danza, exposicións,…)
Consolidar a Ribadeo como sede de congresos, cursos, seminarios e xornadas
Celebración anual das “Xornadas Mar por Medio” recuperando o seu espíritu inicial
Dinamización da Casa do Viejo Pancho como Centro Cultural e de Estudios Hispanoamericanos
Elaboración dun plano director para a posta en valor do Castro das Grobas e xestión do seu recoñecemento como BIC
Coidado e valorización do Camiño do Norte
Dinamización da Casa de Cultura con especial atención á Biblioteca El Viejo Pancho
Creación de novos certames artísticos e potenciación dos existentes
Mellora e dinamización das salas municipais de exposicións : Forte San Damián, Casa da Cultura e Oficinas de Turismo.
Posta a disposición das asociacións socioculturais de locais municipais para as súas actividades
Apoio a:
Sociedades Culturais
Escola Municipal de Música
Escola Municipal de Teatro
Novos valores locais no eido da música, cine, fotografía e diseño
Comisións organizadoras de festas patronais e outras celebracións, tanto do casco urbano como da zona rural
Colaboración permanente cos Centros de Ensino a través de:
Actividades deportivas
Animáción á lectura
Educación vial
Hábitos alimentarios saudables
Promoción da saúde nos rapaces
Achegamento da vida municipal ós escolares
DEPORTE
Rexeneración integral do terreo de xogo do Estadio Municipal “Pepe Barrera” e mellora das instalacións (gradas, vestiarios, iluminación,…) deste recinto deportivo
Atención especial ó deporte base
Potenciación das Escolas Deportivas Municipais
Apoio ós clubes e entidades deportivas locais
Mellora dos campos de deporte e ampliación da oferta de actividades deportivas na zona rural, tendo en conta a todas as idades
Construcción de pistas de tenis e padel municipais
Recuperación de xogos e deportes tradicionais: Construcción dun campo municipal de billarda
Mellora da oferta da Piscina Municipal
Construcción dun rocódromo
Delimitación, acondicionamento e sinalización dun circuito natural de footing
O noso xeito de traballar por Ribadeo
XESTIÓN MUNICIPAL: MELLORA E TRANSPARENCIA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
Aprobación dun Plan de Saneamento Económico-Financieiro
Reducción do gasto corrente
Control riguroso das compras, favorecendo ás empresas locais (sempre que o procedemento administrativo o permita)
Axilización dos trámites administrativos a través das novas tecnoloxías
Aprobación do orzamento en prazo
Axilización dos pagos a proveedores tendo en conta de xeito riguroso a orde cronolóxica
Reducción da débeda municipal
Elaboración dun plan progresivo para a actualización do catastro
Revisión e adaptación da Relación de Postos de Traballo (RPT)
Creación dun servizo de información telefónico gratuito para que o cidadán poida acceder a todo tipo de información municipal.
Facer da WEB do concello unha canle real e eficiente de información cidadá
Establecer un calendario de reunións sectoriais periódicas do Equipo de Goberno coas Asociacións Locais.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



