Nota de prensa
Os nacionalistas presentan candidaturas nos 17 Concellos da Mariña.
O BNG aspira a converter os Concellos como fortíns fronte a crise.
O conxunto dos cabezas de lista do Bloque Nacionalista Galego compareceron na xornada de hoxe na Casa da Cultura de Foz a fin de dar a coñecer das conclusións da sesión de traballo que mantiveron os membros da cadidatura nacionalista ao longo do día e explicar as propostas mestres da alternativa nacionalista no ámbito comarcal.Segundo afirmou, o Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, “non hai Concello da Mariña, desde Vicedo a Ribadeo e desde Muras até A Pontenova, así como no Partido Xudicial de Mondoñedo onde o BNG non presente candidatura. Son máis de 250 persoas as que fan parte das nosas listas e estamos certos que non vai haber Corporación da Comarca onde o nacionalismo non vai estar presente após as elección do 22 de Maio. Estamos certos de que non só imos manter os gobernos dos que actualmente participamos, senón que imos mellorar de xeito substancial os nosos resultados no conxunto da Mariña até o punto de que o BNG vai ser un factor decisivo para o cambio político naqueles outros Concellos da nosa Comarca”.
Veiga, que indicou que xa presentarán as candidaturas diante da Xunta Electoral de Zona, aclarou que “ a aposta do nacionalismo nos actuais comicios é clara, aspiramos a converter aos concellos en bastións contra a crise. Isto é a nosa proposta xira en favorecer a creación de emprego e o desenvolvemento económico, mellorar o benestar social e promover a democratización dos entes locais. Non é certo que os Concellos non teñan nada que facer na loita contra a crise, todo o contrario, implementar políticas que favorezan a quen máis o precisa, entender ao sector público como elemento central na dinamización económica ou operar sobre a demanda agregada para estimular o consumo e por conseguinte a capacidade de compra dos cidadáns só requiren de vontade política para executarse”.” Máis problemático aínda que a crise é a xestión que da mesma se está facer por parte de socialistas e populares no ámbito local, con políticas de recortes de servicios sociais para os veciños, de aumento dunha fiscalidade indirecta a medio de taxas ou de contención do gasto naqueles aspectos que si que poden favorecer o crecemento económico a medio de dinamizar o consumo que contrasta co derroche en aspectos superfluos, como pode ser o protocolo” afirmou Veiga quen declarou que “o BNG presentase como a alternativa para aqueles que están a sufrir a crise, para esa grande maioría social que se atopan en situación de desemprego, que viron os seus salarios recortados ou conxelados, os que foron despedidos con vinte días por ano traballado, que tiveron que fechar os seus negocios, eses son os destinatarios da proposta do nacionalismo e non aqueles outros que a provocaron e que se están a beneficiar dela”.
Os nacionalistas destacaron que “ a situación económica obríganos a non adiar máis o debate tan necesario sobre un novo modelo administrativo que necesariamente debese asentar na cooperación entre o conxunto dos Concellos da comarca, primeiramente para mancomunar servicios e tamén alternativas no plano do desenvolvemento económico e noutro plano a que os Concellos non miren de reollo ao do lado,pola contra que se entendan para sumar sinerxías posto que o veciño do lado nunca é o inimigo. Neste sentido consideramos central impulsar un Instituto de Crédito Mariñao que se forneza nun primeiro momento con fundos aportados polos diferentes Concellos, contributos da obras sociais das caixas e aportacións de sociedades de capital risco a fin de garantir que a liquidez chegue a autónomos e Pemes da comarca”.
“A nosa experiencia no goberno de vilas e concellos medios e rurais da Comarca demostrou nestes últimos catro anos que non só outra política é posíbel senón que necesaria para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños. Pero tamén se presentou como fundamental a nosa presencia na oposición, posto que só naquelas corporacións onde houbo representación do BNG as reivindicacións dos veciños e a defensa do interese xeral estivo presente” aclarou Veiga quen rematou referíndose a boa “recepción que as nosas propostas están a ter entre os veciños da comarca, como demostra o grande número de persoas que fomos quen de mobilizar para conformar as nosas candidaturas, nun momento no que se pretende asentar a resignación como principio de actuación entre os cidadáns e que se está a criminalizar a política como xeito de participación social “.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



